Raúl Méndez (Cervexas Nós): ‘Estar de brazos cruzados é o peor que lle pode pasar a un autónomo’
Hai sete anos Raúl Méndez e o seu socio decidiron facer do seu pasatempo unha profesión abrindo unha das primeiras fábricas de cervexa artesá da zona e convertíndose en pioneiros dunha tendencia da que constatamos o éxito na última década. Hoxe Cervexas Nós conta cunha fábrica maior na que produce seis referencias e dúas cervexerías no centro da cidade que dan traballo a unha ducia de persoas.
Como vos afectou o parón polo coronavirus?
Afectounos por varias bandas. Por unha parte o peche dos nosos dous bares, que supoñen o 50% do noso volume de negocio, e por outra, o peche do resto da hostelalaría, xa que son a nosa principal canle de distribución. Decidimos manter aberta a fábrica, pensando que a situación duraría algo menos, e ante a acumulación de stock, puxémonos a repartir a domicilio.
Trasladestes entón a distribución ás redes sociais
Nun primeiro momento si, pois estar de brazos cruzados é o peor que lle pode pasar a un autónomo e había que buscar novas vías. Puxen o meu teléfono nas redes sociais para que a xente puidese facer pedidos por Whatsapp e comezamos a facer o reparto nós mesmos na zona de Vigo os martes e os venres. Despois aproveitamos a escaseza de traballo para montar en tempo récord a nosa web, onde teremos a nosa tenda online a partir de agora.
Como foi a resposta da xente?
Foi unha pasada. Cargábamos unhas trinta caixas na furgo cada día de reparto e, aínda que non daba para cubrir todos os gastos, foi un verdadeiro subidón ver que tanta xente respondía. Creo que a xente está bastante concienciada con apoiar os produtores locais nestes tempos e é bonito ver como crece esa responsabilidade.
Cónstame que usastes as redes para facer máis que distribución
Si, organizamos varias catas de cervexa a través de directos de Instagram, unha aberta e otra para os clientes dun bar de Cangas, e resultaron ser experiencias moi divertidas nas que se conectaron unhas 30 persoas por sesión. Aínda así, eu prefiro a modalidade presencial, organizar as catas na fábrica onde a xente entende mellor o que está bebendo ao poder ver os ingredientes e o proceso, polo que non creo que sigamos facendo eventos dixitais.
Abriredes as cervexerías esta semana. Botades algo en falta á hora de volver ao traballo?
Mái claridade nas obrigas. A primeira vez que me puxen a ver os requisitos deume a sensación de que iamos ter que tirar abaixo o bar e refacelo se queríamos abrir. Agora estamos esperando a que nos concedan a ampliación das terrazas, doutro xeito non imos poder soportar os gastos de persoal que supón telas abertas.
Como cres que viviremos os momentos de ocio este verán?
Por desgraza non temos unha bola de cristal, pero está claro que teremos que xestionar unha mestura de ganas e medo por xuntarnos. Nós tentaremos facer eventos musicais, quizais nas terrazas, pois creo que un dos sectores máis jodidos é o da música en directo e gustaríanos botarlles unha man, que diso van estos tempos.
Paula Cermeño
Últimos posts de Paula Cermeño (ver todos)
- A quen queres ver en Castrelos en 2025? - 22 Novembro, 2024
- Beldade: cociña de autora en Tui - 22 Novembro, 2024
- Stoned at Pompeii, Compañía Ártika e Fran Sieira esta fin de semana en Vigo - 21 Novembro, 2024
- Batalla de bocatas en As Cunchas: ‘Friends’ ou ‘The Bear’? - 20 Novembro, 2024
- Sukha Funk evoluciona: máis vegano e a domicilio - 18 Novembro, 2024