A Xunta e AGAL únense para pór en valor a figura de Carbalho Calero
A Associaçom Galega da Língua (AGAL) e a Xunta de Galicia lanzan varios proxectos divulgativos da figura, vida, obra e traxectoria de Ricardo Carvalho Calero, autor homenaxeado pola Real Academia Galega (RAG) o vindeiro
domingo 17 de maio. Polo de agora, todas estas iniciativas cínguense ao online á espera de poder retomar as actividades que estaban programadas en homenaxe ao escritor ferrolán.
Malia que os actos en homenaxe a Carbalho Caleron teñen que ser adiados por mor do COVID-19, Xunta e AGAL presentaron onte en rolda de prensa telemática varias accións online para divulgar a figura do escritor homenaxeado nas Letras Galegas. Ao abeiro desta colaboración viu a luz a web Carvalho2020.gal, a través da que podemos achegarnos a vida e obra do autor e na que xa están dispoñibles as unidades didácticas dirixidas ao ensino primario e secundario coordinadas por Teresa Crisanta V. Pilhado e Eduardo Maragoto e diagramadas por Uxio Outeiro; as guías de lectura de Scórpio elaboradas por Susana Sanches Arins e Teresa Crisanta V. Pilhado ; e materiais audiovisuais.
Unha das propostas máis importantes da homenaxe a Carbalho Calero é a exposición ‘A voz presente‘, aínda que a intinerancia desta mostra por Galicia e norte Portugal vai ter que agardar, a web da Consellería de Cultura e Turismo ofrece un avance dos contidos, en formato dixital, que configuran este proxecto expositivo.
Durante a presentación destas iniciativas o presidente da AGAL Eduardo S. Maragoto amosou o seu entusiasmado coa idea de extender a homenaxe a Carbalho Calero durante o 2021. Os representantes da Xunta Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística, e Anxo M. Lorenzo, director xeral de Políticas Culturais, tamén manifestaron que a Real Academia Galega contaría co seu apoio en caso que decidan prolongar a homenaxe xa que consideran que ‘hai argumentos’ para que así sexa.