CAMELIAS MASCOTAS

Os vigueses Los Marcianos fan unha versión de ‘Anduriña’ durante o confinamento

O grupo vigués Los Marcianos acaba de lanzar na súa canle de Youtube unha versión do cláisco de Juan e Junior ‘Anduriña’. Unha mostra máis de que a creatividade viguesa non deixa de medrar durante estes tempos extraordinarios nos que a música estase a ver moi perxudicada con numerosas cancelacións.

Son moitas as iniciativas que os músicos están a realizar desde os seus fogares e os vigueses Los Marcianos non quixeron ser menos. Acaban de publicar nas redes sociais e Youtube unha revisión do clásico de Juan & Junior ‘Anduriña’, unha versión con son shoegaze, co seu produtor habitual, Carlos Hernández, aos mandos. A gravación, realizárona desde as súas casas con moi poucos medios (móbiles, gravadoras multipistas…) e foi mesturada e masterizada por Carlos Hernández no seu estudo de Madrid. Debaixo de capas de ruído e quilos de distorsión, podemos atopar este clásico, composto por Juan Pardo e Antonio Morais, publicada en 1968. Este agasallo para os fans, serviu tamén de entretemento para a propia banda, que viu canceladas dúas datas, en Madrid ( Cpop club festival Contempopranea) e na Coruña (Sala Pelirroja Merchi) nestas datas de confinamento.