CANS
GALAXIA

Aphonnic, Vértebras, Los Marcianos… fin de semana repleta de música local

Arrancamos maio cunha fin de semana chea de música local cos concertos de Aphonnic, Vértebras, Los Marcianos, Nicolás Pastoriza, Sanny, Niño Lobo, Antifrágil… pero tamén temos música internacional, espectáculos cómicos para todas as idades, festivais de cinema ou recitais de poesía. E o Día da Nai! Preme no título de cada evento para máis información. Se queres coñecer todos os eventos que hai esta fin de semana entra na axenda de A Movida.

Aphonnic en directo | P. Vázquez

FESTIVAL PLAY-DOC – De mércores a domingo en Tui – Varios prezos

Este mércores arrancou a XX edición do Play-Doc, o Festival Internacional de Documental de Tui, que encherá a vila pontevedresa de bo cinema e outras moitas actividades. Seleccionamos as dez que non podes perder: cinema galego, filmes de Jean-Luc Goddard, retrospectivas de William Friedkin e Leon Hirszman, proxección de El Exorcista na Igreza de Santo Domingo, percorridos nocturnos con performances audiovisuais, etc.

CONCERTO SUPERARTE – Venres ás 20:00 no Auditorio da Sede Afundación – De balde con reserva

Hai 10 anos, iníciase o proxecto Superarte de cultura e arte inclusivo. Este proxecto naceu co obxectivo de promover a cultura e a arte inclusivo para dar oportunidade ás persoas con discapacidade a desenvolver o seu talento no ámbito das artes escénicas e favorecer o desenvolvemento dos artistas co fin de conseguirlles un futuro profesional neste campo. A Fundación SIFU, colaborador co evento de arte inclusiva máis importante de Europa, aposta polo desenvolvemento de tecnoloxías que faciliten o acceso de persoas con discapacidade á música e a danza.

CONCERTO LOS MARCIANOS – Venres ás 21:00 en Radar – Desde 10,00€

Tras gañar o galardón a mellor disco de 2023 nos Premios Maketon dos 40 Galicia, Los Marcianos presentarán en Vigo o seu novo álbum Cápsula de evasión (Clifford Records, 2023), disco que tivo unha gran acollida e axudoulles a atopar un oco na escena indie deste país, percorrendo cidades como Madrid, Xixón, Oviedo, A Coruña, Lugo e festivais tan importantes como o Contempopranea de Estremadura. Cápsula de evasión é un disco de Indie pop, que mestura diferentes sonoridades como o Noise, Shoegaze ou outras máis próximas ao Jangle pop, influenciado por bandas dos 80 e 90 como The Cure ou The Smiths.

CONCERTO APHONNIC – Venres e sábado ás 22:00 na sala Masterclub – Desde 15,00€

A banda local de metal Aphonnic presenta o seu último traballo, Crema, cunha dobre data esta fin de semana. As entradas para o sábado están esgotadas e para o venres quedan moi poucas. Aphonnic naceu no ano 2000 das cinzas de O pequeno Baltimore. A constancia e o traballo duro son a fórmula do éxito de Aphonnic, que leva máis de dúas décadas berrando sobre o escenario e facéndonos berras fóra del cos seus temas enérxicos e comprometidos.

ROMARÍA DO MERLO – Sábado de 12:30 a 23:00 na Sala Rebullón – Desde 16,00€

Un evento cheo de música tradicional e folk. Coma nas romerías tradicionais haberá xantar popular, viño e moita, pero que moita música. Dende a mañá contaremos na sesión vermú con Carmela, un dos proxectos con máis proxección de futuro na actualidade da música experimental e tradicional, e Arredores, un grupo folk de A Coruña que nos van encher de enerxía co seu bo facer. Despois do xantar popular con empanada e churrasco, temos tamén opción vegana, e contaremos con Miguel Fraile, unha promesa da guitarra que servirá para abrir a foliada infantil coa que desfrutaremos a tarde. Xa para rematar, ao serán teremos a Sindicato do Folclore, un trío que fluctúa entre as linguaxes do jazz e do tradicional, e a Cantometrics, o quinteto de moda da música tradicional. O evento está organizado por Nume Producións, a produtora adicada á música tradicional que con menos dun ano de vida, xa comeza a encher os espazos de música con calidade e corazón.

QUE A FORZA NOS ACOMPAÑE – Sábado ás 19:30 no Marco – Caixa inversa

Espectáculo de poesía con Silvia Penas, Samuel Merino, Acoyani Guzmán, Noelia Gomé & Rui Grenha, Ana Corzo e Nila A. Pousa. O nome fai referencia ao Día Internacional de Star Wars, o 4 de maio (May the 4th).

REVÓLVER – Sábado ás 21:00 no Teatro García Barbón – Desde 20,00€

Playlist, o decimotercer disco de estudo da banda Revolver, preséntase como un álbum de versións de artistas que actualmente inspiran a Carlos Goñi e que quixo levar ao seu terreo musical. Segundo o propio Goñi, “é un disco de versións, certo; pero non da xente que fixo que mededicase a isto (que para iso xa está Adictos a la Euforia), senón dos que fan que me siga merecendo a pena facelo máis aló do que me emociona o tocar os meus propios temas. É fácil imaxinar que a selección de cancións foi un poema; pero como me dixo un señor que sabía moito hai moitos anos, o das cancións é unha cuestión de pel, e punto. Non quixen irme moi lonxe no tempo co asunto do repertorio, xa haberá ocasión. Así que pronto descubriredes este ramallete de temas marabillosos que me emocionan e ourizan a pel ata desexar escribilos eu”.

VÉRTEBRAS – Sábado ás 21:30 na Sala Doppler – Desde 10,00€

O dúo de rap vigués Vértebras presenta o seu primeiro disco 42 Gramos. Fronte aos discursos baleiros e á predominante analoxía en canto a sonoridades que semella impoñerse na escena musical máis manistream, Vértebras postulan no seu debut un disco de hip hop explícito, reflexivo e impregnado de rabia e conciencia no conceptual, á vez que excitante, desprexuízado e poliédrico no musical.

PIENSA EN WILBUR – Domingo ás 18:00 no Teatro García Barbón – Desde 16,00€

Espectáculo infestado de acrobacias, humor, e risco, moito risco: a única maneira na que Wilbur sabe vivir. Cunha técnica e un físico fóra do común, creará situacións imposibles que deixarán ao público anonadado. Acompañado dos seus amigos inseparables: Contractura, Tirón e Desgarro demostraranos que a acrobacia non é só un deporte. Un espectáculo que impactará no público (literalmente).

DÍA DA NAI – Domingo

Unha celebración especial merece un agasallo especial, por iso recompilamos as mellores ideas de regalos vigueses para sorprender este domingo á túa nai. Plans gastro, concertos, espectáculos, ilustración, libros, roupa orixinal e ata obradoiros para realizar xunto a túa nai. O mellor é que todos eles chegan a tempo, pois son de comercio local.

REVISTA MAIO