REVISTA ABRIL

Os vigueses Presumido estrean single e videoclip grabados desde o confinamento

O dúo formado por Tarci Ávila e Nacho Dafonte no para de compoñer pese a estar separados. Mañá, xoves 20 de abril, ás 23:59 usarán a plataforma de Youtube para sacar á luz o seu novo traballo.

REVISTA ABRIL

Presumido non poden parar e a pesar da situación actual de confinamento, publican novo material. Eles xa levaban encerrados desde mediados de febreiro, cando acabou a súa xira de salas Catro Estaciones. Neste tempo estiveron compoñendo e gravando moito material novo, buscando dar un paso máis, evolucionar na súa música. Neste proceso sentíronse moi cómodos facendo cancións de pop mesturando o R&B actual con chiscadelas e sons retro dos 80’s.

Cando se declarou o estado de alarma, déronse conta de que unha das cancións que fixeran, Encerrados, era un auténtico retrato da realidade actual, polo que decidiron que era o momento ideal para publicala, gravada por eles mesmos na casa, do mesmo xeito que o videoclip que a acompaña. Encerrados é unha canción de esperanza cun son totalmente renovado e actualizado, empapado de influencias como The Weeknd, Post Malone, Bon Iver o Georgia.

Aquí poderás ver o lanzamento de Encerrados: