CAMELIAS MASCOTAS

A Orquestra Vigo 430 traslada a súa programación á rede

Tras ter que suspender os concertos de marzo e abril, agora a Orquestra Vigo 430 vese na obriga de cancelar o concerto previsto para maio e con el o que resta de tempada. Para que o público poida continuar gozando da súa música están a subir contidos a súa canle de Youtube.

A situación de alerta sanitaria provocada pola expansión do virus Covid-19 xa obligara á orquestra a adiar os dous concertos programados para os meses de marzo e abril, ‘A paixón segundo San Xoan de Bach’ e ‘Octeto de Mendelssohn’. Agora compre adiar tamén o previsto para o próximo 29 de maio, ‘Berlioz: Harold en
Italia’, e con el, suspéndese o que resta de tempada.

A gran maioría de músicos e directores, cos que a OV430 conta habitualmente nos seus concertos, están a perder os seus traballos debido ás cancelacións. É por iso que a intención da directiva da OV430 é que isto sexa só un aprazamento temporal, nunca unha cancelación, pois o propósito é manter os compromisos acordados
con músicos y directores como Lina Tur Bonet, Sindy Mohamed ou Isabel Rubio.
Xa se está a traballar en buscar novas datas nas que estos concertos pendentes póidanse desenrolar con normalidade.

Nas últimas semanas, a OV430 engadiu contido a súa canle de Youtube, buscando o entretemento dos seus seguidores e de todos aqueles amantes da música, tratando de facer con ela máis levadeiro este momento.

Xa é posible desfrutar dun fragmento da peza ‘Bach: Cantata BWV 202’, interpretada pola Orquestra Barroca Vigo 430 xunto ao director e solista Pedro Castro e a soprano Magna Ferreira, así como da interpretación de ‘Mozart: Requiem’ do concerto que a OV430 ofreceu no Auditorio Mar de Vigo o pasado 23 de marzo de 2018 xunto ao Coro Rías Baixas, e contando coa soprano Delia Agúndez, a mezzosoprano Ana Jesús Sánchez, o tenor Diego Neira, e o barítono Borja Quiza.

Ademáis, estableceuse unha colaboración coa compositora, pianista e psicóloga educativa Elisa Méndez Cancelas, quen actualmente imparte clases de piano e teoría musical en Urkalia, compón música sinfónica para proxectos e eventos, e investiga sobre a adquisición do coñecemento musical no grupo SEIACE da UAM.

REVISTA NOVEMBRO

Elisa Méndez Cancelas será a encargada de introducir e comentar diversos fragmentos de concertos da OV430. Esta semana comezou co análisis da interpretación, o pasado mes de xaneiro, de ‘Telemann: Suite en la menor para frauta e orquestra – Obertura’. Faino presentando ó compositor e a súa obra, e insiste en que “non é necesario ter coñecementos previos de música para gozar e aprender”.

O vídeo, cos seus comentarios, está dispoñible en todas as redes sociáis da Orquestra Vigo 430, así como na súa canle de Youtube. Ademáis, compartiuse na plataforma Confinarte con Cultura, habilitada polo Concello de Vigo durante estas semanas de cuarentena.

Nas próximas semanas, Elisa ofrecerá tamén diversas presentacións, e entrevistas con Isabel Rubio e Lina Tur Bonet, que tiñan previsto acompañar á formación nos conciertos adiados.