CAMELIAS MASCOTAS

Buscamos a mellor creación artística do confinamento

Se algo non nos pode roubar o Coronavirus é a creatividade. Por iso, estamos na procura das mellores creacións artísticas viguesas. Trasladamos a sección ‘As túas movidas’ ao mundo online e durante as semanas que dure o confinamento iremos propoñendo diferentes palabras sobre as que debedes inspirar a vosa obra que ben pode ser unha fotografía, ilustración, poema, microrrelato, collage ou viñeta.

Cada semana propoñeremos unha palabra, a creación máis votada recibirá un agasallo e pasará a seguinte fase. Cando finalice o confinamento faremos unha votación entre todas as obras preseleccionadas, a escollida será publicada no seguinte exemplar de A Movida en papel.

Como participar:

-Envía unha fotografía, ilustración, poema, microrrelato (máximo 2000 caracteres con espazos), collage ou viñeta ao correo revista@amovida.gal (ou por mensaxe privada a través dalgunha das nosas redes sociais @amovidavigo) acompañado dos teus datos (título da obra, nome e apelidos, teléfono, a sinatura que queres que apareza e a túa conta de Twitter ou Instagram, se tes).

-A palabra escollida para a primeira semana de concurso (do 13 ao 19 de abril) é PANDEMIA
-A palabra da segunda semana de concurso (do 20 ao 26 de abril) é UNIÓN
-A palabra que propoñemos na terceira semana de concurso (do 27 de abril ao 3 de maio) é SOLIDARIEDADE
-Na cuarta semana de concurso (de 4 ao 10 de maio) propoñemos a palabra DESESCALADA.
– A palabra para a quinta semana de concurso (do 11 ao 17 de maio) é REENCONTRO.
– A frase para a sexta semana de concurso (do 18 ao 22 de maio) e NOVA NORMALIDADE.

REVISTA NOVEMBRO

– O prazo para concursar remata o venres de cada semana ás 23.59. O sábado publicaremos os traballos recibidos nas nosas redes sociais e entre o domingo e o luns anunciaremos a persoa gañadora que recibirá como agasallo un libro cortesía de Política Lingüística da Xunta de Galicia e pasará a seguinte fase coa posibilidade de ver publicada a súa obra no vindeiro número da revista en papel.

O criterio para elexir a creatividade gañadora é a seguinte: publicaremos as fotos en Facebook e nos stories de Instagram coa barra deslizable para valorar. Sumamos os Me Gusta de Facebook e nas estadísticas de Instagram valoramos cal é a foto que ten a media máis alta é maior número de votos. A que teña a suma máis alta é a gañadora.

Coa colaboración de: