Dez novos roteiros para descubrir as Illas Atlánticas
O Parque Nacional das Illas Atlánticas realiza unha serie de visitas conducidas polos seus guías por Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada. Con este programa o Parque quere facilitar a particulares a visita ás illas en tempada non estival e así poder disfrutar as illas con outras condicións meteorolóxicas.
Nesta ocasión as rutas van agrupadas en 3 temas: ILLAS con vidILLA, onde descubriremos a fauna e flora das illas; ILLAS con HistorILLA, na que veremos a a pegada historica que foi deixando nas illas o ser humano; e ILLAS en familILLA con Nenos, onde os rapaces (acompañados de adultos) descubrirán dun xeito participativo quen vive nas illas. As inscripcións xa están abertas na súa web, onde poderedes apuntarvos nunha soa das datas e ampliar a información.
A actividade guiada na illa é gratuíta, pero cada persoa ten que asumir os gastos de transporte. O custo da actividade corresponde unicamente aos custos do barco contratado. O importe abonarase á empresa de transporte o mesmo día da visita. No caso de non conseguir praza para o roteiro desexado pode apuntarse na lista de espera para a data á que quere acudir.
Co nome “Illas con historILLA” englóbanse unha serie de visitas onde coñecerás a historia de cada unha das illas. Ofértanse roteiros aos 4 arquipélagos do Parque, así que se tes curiosidade polo rastro histórico que deixaron os humanos ao longo do tempo en Cíes, Ons, Sálvora ou Cortegada:
- CÍES: “Unha viaxe no tempo” – 9 de febreiro
- ONS: “Un pobo no mar” – 16 de febreiro
- SÁLVORA: “Unha illa de Historias” – 23 de febreiro e 15 de marzo
- CORTEGADA : “Illa de reis e vikingos” – 20 de febreiro e 8 de marzo
“Illas con vidILLA” é o nome co que nos presentan tres roteiros nos que se ensina a vida natural das illas, para coñecer mellor que especies de animais e plantas viven en Ons, Sálvora ou Cortegada.
- ONS: “Unha illa de flor en flor” – 24 de marzo
- SÁLVORA : “Unha illa entre mareas” – 9 de abril
- CORTEGADA: “Una isla de árboles” – 17 de abril
“Illas para familias con nenos/as”, ou Illas en FamilILLA, é a última serie de tres roteiros na que as crianzas descubrirán algúns dos animais que viven nas illas. Estes roteiros teñen dinámicas moi participativas onde os/as nenos/ as (recomendado +5 anos) acompañados de adultos, pasan un bo intre e aprenden da natureza das illas. As actividades son en Semana Santa, cando xa hai transporte diario ás illas, polo que para asistir a estes roteiros, debes ser ti mesmo o que merque o billete para os horarios que mellor considere.
- ONS: “A vista de paxaro” – 11 de abril
- CÍES: “A vista de paxaro” – 4 de abril
- CÍES: “Unha illa entre mareas” – 10 de abril