CAMELIAS MASCOTAS

Memi, o perfume solidario con selo vigués

A tu aire, Memi é o perfume solidario desenvolvido por Zelnova Zeltia para recadar fondos para a Asociación Igualarte, que traballa con nenos con necesidades educativas especiais.

Memi cheira a infancia. É un perfume feito por e para os nenos. Marcos Estévez, director da fundación IgualArte explicou na presentación do perfume que “se trata dun proxecto circular. Nace dos propios nenos, é para os nenos e as súas vendas axudan que desenvolvamos os proxectos que levamos a cabo na escola”. Cativos de entre 5 e 12 anos de idade, de diferentes centros educativos de Vigo e a súa área metropolitana foron os encargados de escoller o cheiro de Memi. “O gañador é un perfume que cheira a piruleta e que de maneira instantánea nos traslada a nosa infancia”, sinalou Adrián Salgado, director de Marketing de Zelnova Zeltia.

Desde a súa saída ao mercado as ventas de Memi xa superan as 5.000 unidades, cerca do 35% da produción. Zelnova Zeltia e Igualarte agardan vender o 100% dos exemplares que xa se poden atopar nas principais grandes superficies de todo o país. Os beneficios irán destinados a financiar un proxecto de contos editados pola Fundación Igualarte. Os contos son producidos polos nenos cos que traballan na fundación e os cartos recadados coas ventas deses contos van a súa vez cara outros proxectos solidarios, en 2018 foi para Bicos de Papel e este ano para asociación Da Man.