A nora xigante, pistas de xeo e outras atraccións
Sen dúbida algunha, a gran novidade do Nadal en Vigo é a instalación dunha nora xigante na praza de Compostela. Pero esa é somaente unha das moitas atraccións e divertimentos dos que podemos gozar estas datas.
Nora xigante
No cruzamento entre a rúa Colón coa rúa Areal está instalada esta gran nora de 62 metro de altura, cunha capacidade de 192 persoas e 48 cestas. Desde ela poderase gozar dunhas vistas provilexiadas.
O prezo do billete é de 4 euros por persoa. A inauguración estaba prevista para o domingo 24 de novembro ás 18.30 horas aproximadamente, despois da apertura do mercado de Nadal sito na para de Compostela. Debido ao mal tempo, tanto a atracción como as casetas abrirán o mércores 27 ás 18.30. Estará funcionando ata o 12 de xaneiro nos seguintes horarios:
- De luns a venres de 17 a 23 horas.
- Sábados, domingos e festivos de 12 a 02 horas.
- Horarios especiais: 24 e 31 de decembro de 11 a 19 horas.
Nadal Tren
O Nadal Tren, composto dunha locomotora e dous vagóns, ten unha capacidade para 40 persoas e funcionará de luns a xoves de 17.00 a 22.00 horas. As fins de semana (venres a domingo) circulará entre as 17.00 e as 23.00 horas. Execepto o día 5 de xaneiro que non circulará pola cabalgata dos Reis Magos.
As viaxes custarán 4 euros (3 euros coa tarxeta PassVigo) e 2 euros para menores de 10 anos. Os menores de 2 anos poderán subir gratis.
O Nadal Tren realizará dous percorridos diferentes polos puntos máis emblemáticos do decorado do Nadal da cidade. Un con saída da Praza de Compostela e outro desde Praza Independencia.
Estará operativo ata o 12 de xaneiro.
Carrusel
O clásico carrusel da alegría estará situado na porta do Sol a partir do domingo 24 de novembro. De luns a venres de 17 a 21:30 horas; sábados, domingos e festivos de 12 a 14:30 horas e de 16:30 a 22 horas.
Tren infantil
Situado no Progreso a partir do domingo 24 de novembro de luns a venres de 17 a 21:30 horas; sábados, domingos e festivos de 12 a 14:30 e de 16:30 a 22 horas.
Pista de xeo
Situada diante do Club Náutico a partir do 29 de novembro.
Pista de xeo
Situada na explanada de Samil desde o 26 de novembro cos seguintes horarios:
- De luns a venres grupos e colexios de 9 a 14 horas; público en xeral de 16:30 a 22 horas.
- Sábados, domingos e festivos de 11 a 22:30 horas.
- Horario especial:
- Días 24, 31 de decembro e 5 de xaneiro de 11 a 20 horas.
- Días 25 de decembro, 1 e 6 de xaneiro de 16:30 a 22:30 horas.
O prezo da entrada xeral é de 7€ (50 minutos); familia numerosa 5€ (50 minutos).
Rampla de neve
Situada no Náutico a partir do 29 de novembro.
Pista de cars
Instalada en Samil desde o 26 de novembro nos seguintes horarios:
- De luns a venres grupos e colexios de 9 a 14 horas; público en xeral de 16:30 a 22 horas.
- Sábados, domingos e festivos de 11 a 22:30 horas.
- Horario especial:
- Días 24, 31 de decembro e 5 de xaneiro de 11 a 20 horas.
- Días 25 de decembro, 1 e 6 de xaneiro de 16:30 a 22:30 horas.
O prezo da entrada xeral é 7€ (50 minutos); familia numerosa 5€ (50 minutos)