CIRCO DE NADAL
CAMELIAS NADAL

Todas as atraccións do Nadal de Vigo

Hoxe, sábado 16, ás 20:00 encendeuse o Nadal en Vigo facendo unha homenaxe a Valencia. A partir dese momento e ata o próximo 12 de xaneiro, once millóns e medio de LEDS van deslumbrar a locais e visitantes. Aquí deixamos unha pequena guía con todas as actividades e recomendacións para gozar destas festas na cidade.

@amovidavigo

🙌 Vigo homenaxea as vítimas da DANA no acendido das luces de Nadal con este espectáculo de luces e música na árbore de Nadal. Despois da homenaxe a Valencia, fíxose a tradicional conta atrás e acendéronde os 11 millóns e medio de luces LED que alumean desde hoxe a cidade. En amovida.gal (ligazón desde a bio) tedes toda a información das principais atraccións do Nadal vigués. #Nadal #Vigo #Valencia

♬ sonido original – Amovida

O horario da iluminación de Nadal será de domingo a mércores de 18.00 a 1.00 horas, xoves a sábado, días festivos e vésperas de festivos de 18.00 a 4:00 horas, e as noites do 23, 24, 25, 30 e 31 de decembro, e noites do 1, 5 e 6 de xaneiro as luces permanecerán acesas toda a noite.

Con corenta e catro metros de altura e coroada por unha estrela de dezanove metros, a árbore situada na Porta do Sol, volve ser un dos puntos clave do Nadal en Vigo. A banda sonora de anos anteriores estaba composta polos temas: ‘Happy Christmas’ de John Lennon, ‘All I want for Christmas is you’ de Mariah Carey, ‘Englishman in New York’ de Sting, o Valls número dous de Dimitri Shostakovich e as bandas sonora de ‘Piratas do Caribe’ e ‘O último mohicano’. Unha das novidades deste ano é que na praza hai un bosque de Nadal formado por varias árbores luminosas de 8 metros de altura. 

Outro dos clásicos é a gran nora que volve estar situada no cruce entre as rúas Concepción Areal e Colón e desde a que temos unha espectacular vista sobre a cidade e a ría a 60 metros de altura.
Horarios:
-Luns a xoves de 17:00 h a 22.30 h, ata o 20 de decembro. Desde esa data o peche será ás 23:30 h
Venres, sábados e véspera de festivo de 11:00 h a 00:30 h.
-24, 31 de decembro e 5 de xaneiro de 11:00 h a 20:00 h horas.
Prezos:
-Ordinario: 5,00 €
-Familias numerosas e Pass Vigo: 4,00 €
-Persoas con mobilidade reducida e acompañantes, así como acompañantes de menores: gratis.

Ao igual que o ano pasado, suprímense as atraccións más ruidosas que rodeaban a nora; no seu lugar instálase ‘Dinoworld’, unha exposición de dinosauros.

Volve o Cíes Market a Alameda aínda con menos número de postos para facilitar a mobilidade. A peonil do Calvario tamén acollerá este ano un mercado no que atoparemos produtos típicos do Nadal e artesanías. E como novidade este ano Bouzas tamén acollerá mercado de Nadal pero a data de comezo está aínda por determinar.

Ofrécense dous percorridos, un con saída desde a praza de Compostela e outro desde a praza de Independencia.

Percorrido 1: Praza de Compostela Nº 6, Reconquista, Policarpo Sanz, Colón, Urzaiz, Plaza Fernando Católico, Gregorio Fernández, Vía Norte, Urzaiz, República Argentina, García Barbón, Policarpo Sanz, Velázquez Moreno e Praza Compostela nº6.

Percorrido 2: Pintor Lugrís, Plaza Independencia, Avenida Camelias, Plaza de América, Lopez Mora, Camelias, Alvaro Cunqueiro, Camelias, Plaza Bicentenario, Camelias, Romil, Pi y Margall, Lopez Mora, Pintor Lugris.

Horario:
-Laborais desde ás 17:00 h cada trinta minutos
-Fins de semana ás 11:00 h cada trinta minutos

Prezo:
-Ordinaria: 5,00 €
-Infantil: 3,00 € 
-Maiores de 65 anos e persoas con mobilidad reducida: 4,00 €
-Familias numerosas: 4,00 € adultos, 2,00 € menores de 2 a 6 anos.
-Nenos menores de 2 anos e acompañantes: gratis.

Tanto a Naviera Nabia como Mar de Ons volven a ofrecer a oportunidade de gozar das festas desde a ría. O barco solidario de Nabia sairá a partir do sábado 30 de novembro do Peirao de Trasatlánticos ás 19:00 h e ofrece unha viaxe na que degustaremos un chocolate con churros e os pequenos poden escribir a carta a Papa Noel. O Barco do Nadal de Mar de Ons arranca o sábado 23 as viaxes nas que se ofrece un viño quente, pastas, moita diversión e este ano a posibilidade de degustar unha sabrosa cea a bordo!

O 30 de novembro volve a Avenida de Castelao o Circo de Nadal que este ano rende homenaxe a Los Payasos de la Tele no 50 aniversario da chegada á televisión de El Gran Circo de TVE. O show correrá a cargo de Gaby Aragón, fillo do mítico paiaso Gaby e sobrino de Fofó e Miliki.

A praza pública de Vialia acollerá desde o venres 22 de novembro unha exposición sobre maxia. en Vigo. Ofrecerá máis de 1.000 metros cadrados dedicados ao universo de Harry Potter.

Aqueles que desfruten deslizándose polo xeo teñen como cada ano unha cita en Samil. A pista de patinaxe e karts abrirá o venres 29. Anunciarase tamén a apertura dunha pista de xeo na praza pública Vialia, pero ao final non se levará a cabo porque as empresas que se presentaron ao concurso non cumprían os requisitos requeridos polo Concello.

Miles de Papa Noel en moto volverán encher as rúas da cidade o sábado 21 de decembro, na 14 edición da Papanoleada Motera, que sairá de Navia ás 16:00 h en dirección ao centro da cidade. O único requisito para poder participar e ir correctamente ataviado e levar un kilo de comida para doar ao Banco de Alimentos.

CAMELIAS NADAL

Para despedir o ano facendo un pouco de deporte podemos participar na carreira máis festiva do calendario runner. O último día do calendario milleiros de corredores atravesarán as rúas da cidade disfrazados e con ganas de pasalo ben!

O Concello xa anunciou que este ano volve a repetir a fórmula de cabalgata estática durante a mañá e as primeiras horas da tarde o 5 de xaneiro e cabalgata dinámica desde Coia ata o centro de Vigo pola tarde.