VIALIA
bannerPicnicSesions

A piques de florecer de novo o nenúfar xigante da Fundación Sales

Este martes 21 de agosto terá lugar na Fundación Sales un evento único que fascina tanto aos amantes da botánica como ao público xeral: o florecemento do nenúfar xigante. O acontecemento é tan fermoso como breve, xa que este tipo de flores só viven 48 horas aproximadamente. 

REVISTA ABRIL

Mañá, martes 21, a Fundación Sales acollerá a unha multitude de persoas desexosas de ver o florecemento deste exemplar único en España. Así é, este nenúfar xigante, coñecido como Victoria cruziana, é unha pranta típica de Bolivia, Paraguay e Arxentina, e en Europa podemos atopar unhas poucas repartidas por xardíns botánicos. De folla perenne, circular e plana, poden chegar aos dous metros de diámetro e aos 50kg de peso. Precisan dunha temperatura quente, tanto exterior como na auga, para poder medrar el florecer correctamente.

O pasado venres 10 de agosto naceu a primeira flor deste ano, desaparecendo á mañá seguinte e volvendo saír o luns 13. Este ano a pranta conta con moitos bulbos, polo que seguramente poderemos gozar dalgún florecemento máis, os cales se coñecen sobre 24 horas antes do acontecemento. De feito, non é a primeira vez que parece que vai florecer e todo queda nunha falsa alarma.

Grazas ás donacións do público o seu hábitat foi mellorado para adaptarse ás súas particulares medidas e coidados. O prezo para presenciar este espectáculo único é de 2€, a metade para os pensionistas e entrada de balde para menores de 12 anos.