CAMELIAS MASCOTAS

Sorteo de dous pases para o Churrucan

En A Movida somos uns apaixoados dos animais e festexamos que existan eventos como o deste sábado no barrio de Churruca. Para faceros partícipes deste festival solidario vamos sortear dúas entradas individuais entre todos os seguidores das nosas redes sociais.

Para participar no sorteo só tes que ser seguidor de A Movida en Facebook, Twitter ou Instagram, darlle gústame na publicación sobre este sorteo. Lembrámoste que todos aqueles subscritores da revista entran a participar automaticamente neste sorteo. Se tí aínda non es #AMOVIDALOVER e non gozas de todas as vantaxes que isto supón preme aquí.

SOBRE CHURRUCAN

Churrucan é un festival de música benéfico, no que todo o que se recada vai destinado integramente ás protectoras de animais que participan. Este festival é un proxecto conxunto entre o local Tinta Negra, a Asociación Coiascan e a Protectora de Animais Rescue Galicia.

Grazas á implicación das bandas, salas e locais, púidose levar a cabo. Churruca converterase nun escenario para dar visibilidade á problemática que sofren multitude de animais e ás protectoras que soportan as consecuencias. O abandono de cans vai en aumento e moitas protectoras ou refuxios xa non dan abasto. O obxetivo é que a cidadanía sexa consciente desa secuela e que hai unha clara falta de medidas de emerxencia para tentar solucionar esta terrible situación.

Duranto todo o día haberá postos das protectoras con información e animais en adopción e pola noite actuarán as seguintes bandas espalladas polos locais da zona:
19.30h Nítido – Radar Estudios
20:30h diola – Kominsky
21:30h Indy Tumbita & The Voodoo Bandits – Radar Estudios
22:45h The Soul Jacket – La Iguana Club
00:00h Músculo! – Pálida – Kominsky

O CONCURSO

Como participar:

Para poder participar no concurso é preciso:

  • Ser seguidor en Facebook, Twitter ou Instagram de @amovidavigo
  • Darlle gústame á publicación do sorteo.
  • O prazo para participar no concurso estará aberto ata o xoves 17 de outubro ás 12 da noite. O venres 18 pola mañá coñeceremos o nome da persoa premiada.
  • Poderán participar todas aquelas persoas físicas maiores de 18 anos con perfil en algunha das redes sociais. Cada persoa só poderá participar unha vez e eliminaranse perfís fraudulentos ou falsos

Gañador/a:
O gañador será elixido mediante sorteo aleatorio. Poñerémonos en contacto con el mediante o perfil da rede social na que participara ou no número de teléfono (no caso de ser subscritor); se nun prazo dunhas horas non contestaran procederíamos a facer un novo sorteo.

REVISTA NOVEMBRO

O premio:
Sortéase dúas entradas individuais para a acudir aos concertos que se engloban dentro do festival benéfico Churrucan, o sábado 19 de outubro no barrio de Churruca e Irmandiños.

Aceptación das bases:
A participación no concurso implica a aceptación destas bases.

* Facebook, Twitter e Instagram non patrocinan, avalan nin administran de modo alguno a promoción, nin están asociados a ela.