Helen & Shanna presentarán o seu novo traballo xunto a Zachary Cale
Helen & Shanna é unha banda de psych folk formada a cabalo entre Vigo e A Guarda. O que noutrora fora un dúo, agora presenta o seu novo EP, Tempo, convertido en cuarteto na Sala Radar o venres a partir das 21:30. Non estarán sos, xa que o música neoyorkino Zachary Cale tamén porá música a unha velada que promete ser moi especial. Ademais, a fermosa edición en vinilo deste novo traballo poderá mercarse por primeira vez tras o show.
Cando e por que decidides pasar de dous a catro membros?
Desde a formación da banda interesábanos a idea de traer a amigos a tocar con nós e aportar máis contido as cancións, xa o tiñamos feito nas primeiras grabacións e nalgúns directos e foi cuestión de tempo que finalmente algúns xa quedasen a formar parte da banda. Non pechamos a idea de seguir medrando, o límite será o que pidan as cancións.
Neste último traballo tamén atopamos letras en castelán, portugués e francés, ademais do inglés como era habitual. A que se debe esta variedade de idiomas?
É parte da evolución da banda, agora mesmo non entendemos que teña que haber un idioma establecido, amamos a diversidade das culturas e seguir descubrindo máis neste camiño.
A que se debe a decisión de lanzar un EP de catro temas en lugar de ir a por un longa duración?
Comezamos a preparar Tempo como un larga duración pero estábase a convertir nunca obra faraónica polo que tomamos a decisión de resumilo un pouco. Aínda así a variedade é notable e amosa bastante ben o que se pode atopar na nosa música.
Como foi o paso de tocar dúas persoas a sacar un disco con arranxos de todo tipo (violín, sitar, teclados, trompeta…)?
Gozamos aínda máis do que facemos compartindo moito máis tempo con amigos, unha banda non só é a música, é a convivencia entre todos e que ese ‘feeling’ se note no escenario.
Sodes un grupo que coida moito o apartado visual e estético. Que importancia lle dades?
Entendemos este proxecto como un conxunto onde desenrolar diferentes disciplinas artísticas, buscamos que se asocie unha imaxe á nosa música, que evolucionará á par.
Como aparece Zachary Cale no voso camiño?
Adoramos a súa música e coñecímolo na súa última visita a Galicia en 2014, é unha persoa moi cercana e sinxela e lle encanta a nosa terra, ‘of course’.
Como xorde a oportunidade de ser a súa banda para o novo disco que vai gravar agora en Galicia?
Cando o visitamos en Brooklyn falounos do complexo que era para él achegarse a Europa con toda a banda, comentamóslle que nós poderíamos axudalo e agora estamos a cumprir un soño formando parte da súa música.
Mencionades a artistas como Fleet Foxes, Woods, Devendra Banhart, Rodrigo Amarante, George Harrison ou Paul Simon entre as vosas influencias. Non existen moitos grupos galegos ou españois que fagan algo similar ao que vos facedes?
É certo, a maioría das nosas referencias tanto actuais como antigas veñen do extranxeiro. Depedro quizáis sexa o máis afín, pero tampouco atopamos moitas máis cercanas ainda que van moito máis aló deses artistas mencionados.
Cando e onde poderemos atopar o voso novo disco?
Desde o 4 de outubro nos nosos concertos e nas tendas de discos locais. Tamén nas plataformas dixitais e no noso Bandcamp.
Pablo Vázquez
Últimos posts de Pablo Vázquez (ver todos)
- Buscamos imaxes e historias para manter viva a lembranza do Súbete ao Castro - 20 Novembro, 2024
- Elite Barber Shop: tradición e modernidade - 20 Novembro, 2024
- O “fracaso estrepitoso” do Súbete ao Castro ou como non entender a cultura local - 15 Novembro, 2024
- O Cirque du Soleil volve a Galicia cun orixinal espectáculo en pavillóns - 13 Novembro, 2024
- Reúnese Foggy Mental Breakdown, o ‘dream team’ da música viguesa - 6 Novembro, 2024