CAMELIAS MASCOTAS

CreaClásica, o novo concurso para compositores sinfónicos noveis

Hoxe presentouse no MARCO o concurso CreaClásica, o novo proxecto da Orquesta Clásica de Vigo que se realiza en colaboración coa Fundación SGAE en Galicia que pretende darlle unha oportunidade aos autores noveis e fomentar a composición no ámbito da música sinfónica. O plazo remata o 29 de outubro.

Imaxe dun concerto da Orquesta Clásica de Vigo

CreaClásica é un concurso de composición destinado a novos compositores galegos. Un proxecto que aposta pola difusión e recoñecemento de novos talentos e que busca, ademais, incrementar o repertorio sinfónico galego contemporáneo. Desta forma busca axudar a dar os primeiros pasos de todos estes autores noveles, promovendo a composición e a diversidade musical, ademais de ofrecerlles un espazo idóneo para divulgar e difundir as súas creacións. O plazo iníciase o 12 de setembro e rematará o 29 de outubro ás 14:00. En decembro darase a coñecer o veredicto dun xurado formado por cinco membros.

REVISTA NOVEMBRO

Neste sentido, a “Orquesta Clásica de Vigo quere presentarse como un soporte da creación actual no campo da música sinfónica, fomentando a creación de repertorio e a normalización da escoita entre o público”, expuña na rolda de prensa, o director técnico da Orquesta Clásica de Vigo, Manuel Martínez

Poderá presentar unha única obra, xa estreada ou inédita, cunha duración máxima de 15 minutos e mínima de 5 minutos. Deberán ser enviadas a través da plataforma Wetransfer a crea@corquestaclasica.com, evitando en todo momento mostrar elementos nos que se poida identificar ao autor, coa fin de garantir o anonimato ante o xurado. Os compositores que desexen participar non poderán exceder dos 5 anos desde a súa titulación (entre 2015 e 2019) e deberán estar asociados á SGAE en Galicia.

Proporcionarase unha dotación económica para cada un dos gañadores, sendo de 500, 300 e 200 euros para o primeiro, segundo e terceiro posto, respectivamente. Ademais, a Orquesta Clásica de Vigo comprométese a interpetar as pezas gañadoras ao longo da tempada de concertos para o ano 2020.