CAMELIAS MASCOTAS

Iván Ferreiro, Zahara e Morgan entre os concertos de Escenarios Mahou este marzo en Vigo

Tres concertos dobres nos que participarán Zahara, Maika Makovski, Iván Ferreiro, Anni B. Sweet, Morgan e Ricardo Lezón compoñen o cartel de Escenarios Mahou en Vigo. O evento, que se celebrará ao longo do mes de marzo, arrancará o día 15 en A Coruña.

O ciclo de concertos Escenarios Mahou volve a Galicia este marzo, recalando na cidade olívica onde se celebrarán tres concertos dobres: Zahara e Maika Makovski actuarán na Sala Ensanche o sábado 17; Iván Ferreiro e Anni B Sweet estarán na Sala Sinatra o xoves 22 e Morgan compartirá escenario con Ricardo Lezón o venres 23 na Sala Island.

REVISTA NOVEMBRO

Trátase de concertos moi especiais para o público porque os artistas actuarán en locais cun aforo moito menor de onde acostuman a tocar. Unha oportunidade única para ver estas agrupacións nun ‘directo-íntimo’. Ademais, o público será o encargado de escoller un dos temas que se tocará nos concertos a través dunha votación. Algúns dos asistentes terán a oportunidade de gozar dun Meet&Greet cos músicos antes dos concertos. Os gañadores desta experiencia poderán tomar unha cervexa e manter unha conversa cos artistas que participan no festival.

O ciclo de concertos de Escenarios Mahou inaugurarse en A Coruña o xoves 15 de marzo coa actuación de Niños Mutantes e prolongarase ata o 24 de marzo, pasando por distintas salas de Pontevedra, Vigo e Santiago. As entradas para os concertos xa están a venda en www.ticketmaster.es

Aquí as datas dos 6 concertos de Escenarios Mahou:
– Xoves 15 de marzo: NIÑOS MUTANTES. Bunker, A Coruña
– Venres 16 de marzo: VIVA SUECIA y RUFUS T. FIREFLY. Sala Karma, Pontevedra
– Sábado 17 de marzo: ZAHARA y MAIKA MAKOVSKI. Sala Ensanche, Vigo
– Xoves 22 de marzo: IVÁN FERREIRO y ANNI B SWEET. Sala Sinatra, Vigo
– Venres 23 de marzo: MORGAN y RICARDO LEZÓN. Sala Island, Vigo
– Sábado 24 de marzo: CARLOS SADNESS. Sala Malatesta, Santiago