UVIGO
FILLOAS

Nacho Vegas, Los Punsetes, Mujeres, Ortiga e dani visitarán Vigo en marzo con Vibra Mahou

O ciclo de concertos Vibra Mahou trae a Vigo tres concertos o próximo mes de marzo. Estes serán os de Nacho Vegas na sala Sinatra o xoves 5, Ortiga e dani o venres 6 na sala Rouge e Los Punsetes e Mujeres o xoves 12 na sala Island. Todos serán as 21:30 e cun prezo desde 14,50€.

Vibra Mahou segue achegando a Vigo a diferentes artistas para que realicen concertos en espazos cun aforo menor ao que acostuman. Grazas a isto, os asistentes poderán deixarse envolver pola música e vibrar de preto cos seus artistas favoritos. Entre as particularidades desta proposta musical atópase A canción do
público
, un momento que conectará aos artistas cos asistentes xa que, en cada concerto, estes últimos poderán elixir, por votación, un tema da lista de cancións do artista que despois será interpretado en directo.

Nacho Vegas será o primeiro en visitar a nosa cidade o xoves 5 de marzo, na sala Sinatra. Falamos dun dos cantautores máis admirados e respectados do noso país e a súa popularidade non para de crecer en Latinoamérica. Desde os anos 90 leva máis dunha ducia de discos publicados, e neste concerto presentará o seu último traballo, Violética.

O segundo concerto será ao día seguinte na sala Rouge, onde se darán cita dous artistas galegos de presente e de futuro: Ortiga e dani. Sobre o primeiro, o seu álbum debut, Chicho & sus chichas , está repleto de sons tropicais que falan de amor e marisco, de Instagram e bicos, e de plantas e disparos. Por outro lado está dani, artista viguesa que vén de publicar o seu primeiro single Mira, e de seguro que teremos máis noticias dela proximamente.

Por último, a sala Island acollerá o xoves 12 o dobre concerto de Los Punsetes e Mujeres. Falar de Los Punsetes é falar dun dos maiores referentes da escena independente nacional. Aniquilación, o seu sexto álbum, aglutina todo o punch dos seus hits, o noise, a instrumentación e desenvolvementos máis elaborados, os momentos máis ambient e os máis hardcore… En definitiva, o seu disco máis rico. En canto a Mujeres, o seu novo Ep Romance Romántico consolídaos como unha das grandes bandas de rock alternativo do Estado, onde xa encheron salas como a Joy Eslava (Madrid) ou a Apolo 1 (Barcelona). 

Por se non che importa viaxar a outras localidades galegas para gozar do resto de concertos, aquí tes a lista completa:

Xoves 27 de febreiro: Novedades Carminha. Sala Karma, Pontevedra.
Venres 28 de febreiro : Anni B Sweet. Sala Pantalán, A Coruña.
Sábado 29 de febreiro : Mikel Erentxun (En acústico). Sala La Room, Ferrol.
Xoves 5 de marzo: Nacho Vegas. Sala Sinatra, Vigo.
Venres 6 de marzo: Ortiga + dani. Sala Rouge, Vigo.
Sábado 7 de marzo: Joe Crepúsculo. Sala Bunker, A Coruña.
Xoves 12 de marzo: Los Punsetes + Mujeres. Sala Island, Vigo.
Venres13 de marzo: Ilegales. Sala Tebras, Lugo.
Sábado 14 de marzo: Heredeiros da Crus. A Pousada, Boiro. (Xa vendeu todas as entradas)
Mércores 18 de marzo: Hinds + Cariño. Sala Malatesta, Santiago.

(GMT+01:00) Sinatra Coctel Bar

(GMT+01:00)

CAMELIAS NADAL

(GMT+01:00)