Aires renovados na XVII Festa do Marisco
Os días 5, 6 e 7 de setembro terá lugar a XVII Festa do Marisco de Vigo. Unha feira gastronómica que leva desde 2002 achegándonos ás labores do Porto de Vigo e ao produto da nosa ría. A edición deste ano vén impulsada por un cambio e unha mellora na imaxe que foi elaborada polo artista Luis Davila.
A Festa do Marisco do 2019 foi organizada por Juan Novoa, fillo de Lopez Novoa que xunto con Tino Pires crearon esta feira e que xa vai a pola súa décimo séptima edición. J. Novoa quixo innovar a festa dándolle un toque humorístico e xovial a cargo do gran Luís Davila. O artista, unha figura ben recoñecida na cidade, afirmou que quería abordar este proxecto con alegría e sobre todo con moito humor.
A feira gastronómica do Porto de Vigo contará cunha ampla variedade de produtos da ría que achegarán aos vigueses e visitantes a degustar a calidade das Rías Baixas acompañado dun viño das adegas Pazo de Villarei ou mesmo dunha Mahou. Unha Festa do Marisco que sobre todo, o seu principal obxectivo é achegarse á mocidade e ás familias, por iso contará cun apartado infantil con actividades para os máis pequenos da casa. A representante da Xunta de Galicia, Corina Porro, engadía a isto último que é moi importante que se manteña o costume e que esta festa pase de xeración en xeración.
17 anos de festa, 17 anos de cultura gastronómica e que esperan que poidan cumprirse outros 17 anos máis, así aseguraba un dos representantes do Porto de Vigo. Con humor, mocidade e moitas ganas, aproxímase a data desta nova Festa do Marisco producido por Vigo Mar e Cen Palabras que achegará tanto aos galegos como visitantes a coñecer as Rías Baixas nun dos portos máis importantes de Europa.
A inauguración oficial será o venres ás 12:30 do mediodía, co pregón do humorista Xosé Antonio Touriñán. A partir das 20:00 haberá obradoiros de chapas, maquillaxe ou globoflexia, precedendo á actuación do grupo Club Naval. A festa continuará o sábado coa charanga A cabeza non para, cos xogos e obradoiros infantís e os concertos de Algarabía e Os Ciclóns. O domingo, tras as charangas, os xogos e talleres, pechará a festa a actuación da Asociación folclórica e cultural Andarela. De venres a domingo haberá xogos tradicionais ininterrumpidamente desde as 12:00 ata as 20:00.
Uxia Soliño
Últimos posts de Uxia Soliño (ver todos)
- Aires renovados na XVII Festa do Marisco - 30 Agosto, 2019
- ‘Vigo contra el cáncer’ apoirá o proxecto OCTOPUS - 26 Agosto, 2019
- Un exitoso Marisquiño enfila cara unha XX edición memorable - 12 Agosto, 2019
- Bisbal ilumina Castrelos pese á chuvia - 9 Agosto, 2019
- Os mellores plans nos arredores de Vigo para agosto - 8 Agosto, 2019