CAMELIAS MASCOTAS

Vigo Vocal’s Reunion: a festa da música local

Chega unha nova edición, e xa van oito, da Vigo Vocal’s Reunion, proxecto musical encabezado por Ibán Marciano e Frans Banfield. Nel daranse cabida numerosos artistas locais para tocar temas propios cunha banda formada para a ocasión.

Este sábado 27 ás 22:00 a sala Radar convertirase no epicentro da música viguesa coa VIII edición da Vigo Vocal’s Reunion, unha xuntanza anual na que diferentes cantantes da cidade danse cita para demostrar a boa saúde musical olívica. Por só 6€ poderás ver a numerosos artistas subindo a cantar temas propios acompañados por unha banda creada ex profeso para a ocasión: Frans Banfield, Ibán Marciano, Manu Guinarte, Patricia González e Alejandro Tajes.

FRANS BANFIELD

Músico arxentino (de Banfield, como o seu propio nome indica) fillo de galegos e residente en Vigo desde o 2002. Lidera un proxecto en solitario coa súa banda Los Hijos del Rigor, ademais de fundar a banda de funk rock Phantom Club e colaborar co guitarrista Claudio Gabis. É un dos creadores deste evento. Este verán estará tocando todos os xoves no Reserva Rock acompañado por outros amigos artistas.

IBÁN MARCIANO

Outro dos pais desta reunión, é o líder e fundador de Los Marcianos, banda local de pop noise e shoegaze. O cuarteto móvese entre máxicas melodías, muros de guitarras e historias universais. O son da banda camiña entre o ruído e a melodía, cancións de pop desenfadado, envoltas en distorsións e delays e co foco posto nunhas letras que, polo xeral, transmiten desencanto.

MANU GUINARTE

Membro de bandas como Los Caciques ou Fei, tamén serán un dos membros da banda base aínda que non apareza no cartel. A música de Fei é potente, sexual, emotiva e chea de amor sentido desde outro punto de vista. Nela plásmase a creación dun estilo único, mestura de glam rock contemporáneo e pop de potentes riffs.

PATRICIA GONZÁLEZ

A pesar de non chegar aos 20 anos, Patricia xa conta cunha notable experiencia como baixista en bandas como Basanta. Este ano formou parte da iniciativa Ramonas on tour, unha banda formada só por mulleres que percorreu diferentes localizacións da provincia.

ALEJANDRO TAJES

É un músico uruguaio, coñecido como Tola, moi frecuente nas jams da cidade. Forma parte de La Banda de Mazinger e ten colaborado con outros artistas como Tincho Fernán.

ROY BASANTA

Cantante e músico vigués que noutrora liderou aos Blows e que agora se atopa inmerso no seu proxecto Basanta, unha banda que mestura folk, rock, psicodelia e unha estética misteriosa coa que están logrando un gran recoñecemento ao longo e ancho da península.

EL PUTO COKE

O Puto Coke leva no panorama do hip hop desde 1996. É antigo compoñente e cofundador do colectivo La Familia, xunto con Paniko En Las Calles, El Pillo Astuto, Roty340 e Ojo Maestro, que conta con máis de cinco discos ás súas costas. La Familia disolveuse pero no seu momento destacaron por ser pioneiros en ir alén do son hardcore reinante no momento e en innovar na temática das súas cancións.

PABLO LESUIT

É un músico, cantante e compositor vigués que destaca na nova escena da canción española polo seu estilo persoal e independente, fortemente influenciado pola música latinoamericana. Tras o seu primeiro EP Ocho horas en 2013 non parou de compoñer, tocar e colaborar con outros artistas da talla de Eladio y los Seres Queridos, Juanito el Cantor ou Jorge Drexler. Espérase que o seu novo traballo, Belorizonte, vexa a luz este outono.

DANIEL SOLER

É o cantante e compositor principal de Antifrágil, ecléctica banda local formada en 2011. En 2016 sacan o seu primeiro traballo, que acostuman denominar o “EP Branco” pola súa portada. Durante os veráns de 2017 e 2018, Antifrágil estivo como banda residente en La Casa de Arriba, cunha serie de concertos acústicos nos que mesturaban versións con temas propios e nos que cada día invitaban a un artista a cantar con eles.

DANIELA DICOSTAS

Esta novísima cantautora chegou á final do concurso Factor X, cuxo mentor foi Risto Mejide. A música é algo que lle vén de familia, xa que é filla de Silvino Díaz e Rosa Costas, membros da famosa agrupación Aerolíneas Federales.

BRUNO COSTAS

Primo de Daniela e fillo de Miguel Costas, ex Siniestro Total, Bruno é cantante e guitarrista da banda de punk rock The Riggos. É o principal compositor das melodías da banda, a cal xa ten un disco homónimo na rúa. Os seus directos destacan pola enerxía e a potencía das súas cancións.

DENIS CARBALLÁS

Outro membro de The Riggos, neste caso como guitarrista principal e cantante ocasional. Ademais da súa vertente punk, coñecemos outras como a rocanroleira cos xa extintos Beethoven Rollers, a indie rock con Nítido ou a pop folk co seu traballo en solitario, Memoria.

ROBER CARCOS

Seguimos coa lista de novos talentos, cuxo estilo pop rock bebe de artistas como Leiva e vése perfectamente reflexado no seu disco 96. Rober Carcos é un proxecto nado dun caderno e unha guitarra acústica que aos poucos foi tomando forma.

DAVID COCÓN

É a voz da banda de rock ponteareana Cool Funeral, creada en 2012. As súas letras teñen como tema principal a violencia, centrándose na de xénero, tentando así visibilizar este tipo de conductas negativas da sociedade. En 2015 saíu o seu primeiro e único disco, You drive me crazy.

TINCHO FERNÁN

Cantautor uruguaio afincado en Vigo que condensa diferentes estilos e influencias, ou como el di, “sons de aquí e de alá”. Tres son os traballos que conforman a súa discografía, repletos de frases inspiradoras, paisaxes de ensoño e temas sociais.

CANDI SANJUÁN

É o cantante da agrupación local Dreams of Dolly Sheep, formada en 2004 con influencias dos 90 que navegan entre o post-rock e a psicodelia. As súas letras en castelán están cheas de potencia, dozura e amargura a partes iguais. Un son compacto, de ritmos contundentes e melodías suaves, letras descarnadas, críticas e crúas que se tinguen de psicodelia rock.

MON CANCELA

O que fóra líder de Los Lombardi volve agora coa Mon Band, coa que vén de sacar o disco Juguemos a tenerlo todo o pasado mes de xuño, o primeiro nos últimos 12 anos e o terceiro na súa conta persoal. Un traballo máis maduro e elegante, alonxado do que facía nos seus inicios.

NILLO NÁNDEZ

REVISTA NOVEMBRO

Tras a disolución de Medusa, banda que compartía con Eladio Santos e cos que chegou a telonear a Oasis en Castrelos, formou Pacífico, unha agrupación de rock pop fundada en 2005 coa que lanzou dous discos ao mercado.

YOLI DÍAZ

É cantante e guitarrista do dúo Vuelta y Media, fundado por Alexis Bellot e ela en Madrid. Fan versións e temas propios de pop rock, especialmente en acústico.

(GMT+01:00) Radar Estudios