O Marisquiño XIX espera aumentar as cifras de espectadores coa incorporación de novas disciplinas
Vigo acollerá un ano máis o festival O Marisquiño XIX que datará do 9 ao 11 de agosto. A decimonovena edición dun dos festivais urbanos que máis multitude de asistentes acolle, volverá a localizarse un ano máis na cidade olívica e espera un maior número de asistentes coas novidades que incorporan este ano.
A pesar das dúbidas orixinadas tras o tráxico accidente da edición pasado, o 9, 10 e 11 de agosto terá lugar O Marisquiño XIX. A organización dun dos eventos urbanos máis importantes do momento espera alcanzar os 160.000 de espectadores grazas á incorporación de dúas novas disciplinas.
Freestyle footbal e Big Jump serán as novas disciplinas do evento xunto ás clásicas disciplinas do skate, bmx e basket 3×3 que este ano formarán parte por primeira vez de Tokyo 2020. Grazas a isto, e xunto co resto de disciplinas da cultura urbana, hai un amplo número de convidados e participantes internacionais.
Un ano máis O Marisquiño apostará pola igualdade no deporte, de tal forma que non existirá diferenza entre os premios, sendo igual para todos. Contará coa presenza de grandes figuras femininas das disciplinas que participan no festival como é o caso de Candy Jobs ou Pamela Rosa, para concienciar e apoiar a igualdade entre xéneros.
Os organizadores quixeron garantir a seguridade e comodidade dos asistentes facendo unha nova distribución dos espazos nos que se desenvolverán as diversas disciplinas. Ademais este ano incorporarase unha app pioneira en España, Misit Life, que proporcionará unha maior seguridade. Tamén innovará introducindo pantallas de led que permitirán seguir as competicións vía streaming grazas aos acordos asinados con Sports e A liga Sports.
A programación musical contará con numerosos artistas locais, nacionais e internacionais nos distintos escenarios que estarán espallados pola cidade. No sector hostaleiro espérase recadar tanto como nos anos anteriores grazas á masiva chegada de asistentes de todas partes do mundo e a excepcional ubicación da cidade no paso do Camiño Portugués.
O Marisquiño é un dos festivais máis importantes de España xa que fomenta a cultura e o deporte de acción. Parte do seu éxito mírase reflectido no aumento de asistentes que deciden achegarse a Vigo cada ano. Espérase un gran evento grazas a incorporación das novas disciplinas e a consolidación das anteriores, a mellora de seguridade e os convidados internacionais.