CAMELIAS MASCOTAS

‘Un Mar de Noches’, música en directo pola ría de Vigo

Un Mar de Noches é a nova iniciativa de Naviera Mar de Ons que conxuga unha xira marítima nocturna con música en directo e unha degustación gastronómica. O grupo galego Terapia de Grupo será o responsable de amenizar musicalmente a viaxe, que terá lugar os días 6 e 24 de xullo e 3 e 14 de agosto a partir das 22:30.

Terapia de Grupo nun dos barcos de Mar de Ons

A nova proposta de Naviera Mar de Ons soa do máis apetitosa: unha travesía nocturna en barco polo medio da nosa ría, con música en directo e degustación gastronómica. As viaxes, que polo momento terán lugar os días sábado 6 de xullo, mércores 24 de xullo, sábado 3 de agosto e mércores 14 de agosto, partirán do Porto de Vigo ás 22.30 horas e durante aproximadamente dúas horas, percorrerán a ría de Vigo ata a enseada de San Simón e volverán de novo ao porto.

As entradas, que terán un custo individual de 45€, poderán reservarse na súa web www.mardeons.com ou chamando ao 986 225 272. A banda encargada de amenizar a travesía será Terapia de Grupo, agrupación musical con máis de cinco anos de traxectoria profesional formada por Adrián Vicente, Jairo Villar e Anxo Morales. Están avalados por máis de 100 actuacións anuais por toda Galicia en diversos espazos, cunha proposta musical divertida e atractiva, para todo tipo de eventos e todos os públicos. O seu amplo e variado repertorio está composto por versións de diferentes épocas e estilos como son o pop español, rumba, pop latino, folk irlandés, música galega, bandas sonoras e versións de música disco dos 80, entre outros.

(GMT+01:00) Porto de Vigo

(GMT+01:00) Porto de Vigo

(GMT+01:00) Porto de Vigo

(GMT+01:00) Porto de Vigo