REVISTA ABRIL

Mounqup actuará a bordo dunha embarcación pola ría como previa ao Vive Nigrán

Como novidade este ano o festival Vive Nigrán, que se celebrará en Praia América do 19 e 20 de xullo, ten programada unha actuación previa na que Mounqup tocará a bordo dun catamarán pola ría. Esta experiencia gastromusical terá lugar o xoves 18.

Mounqup, o alter ego da francesa Camile Hédouin, tocará a bordo dunha embarcación que partirá de Panxón e visitará as Illas Cíes desde o Atlántico o vindeiro xoves 18 de xullo, como previa do Festival Vive Nigrán. A súa música abrangue dende o pop comercial de Mariah Carey ata metal, grindcore, jazz, folk… concluíndo todo nunha personalísima proposta de corte electrónico e vangardista. O público poderá asistir ao concerto de Mounqup e gozar durante dúas horas dunha experiencia musical e gastronómica a bordo dun catamarán.

As entradas para esta travesía, que contará con degustación de produtos de Pan de Cea, de Ginger 43, de Licor 43 e do selo Galicia Calidade, estarán á venda enwww.vivenigran.com a partir deste venres 5 de xullo a un prezo de 25 euros a entrada anticipada e 30 euros o mesmo día da viaxe. Todos aqueles que xa adquirisen previamente a súa entrada ou abono para o festival poderán beneficiarse dun desconto do 20% nesta compra.

Hoxe o festival tamén deu a coñecer a súa programación por días e horarios que queda da seguinte maneira:

REVISTA ABRIL

O venres 19 de xullo invadirán o Escenario Mahou e o Escenario Rías Baixas o glitter pop de Hickeys (18h30), o R&B contemporáneo da novísima Adriana Proenza (19h30), a música latina e o rock de raíces de Los Vinagres (20h15), a sesión DJ dePaula do Campo (21h15),  Stanich (22h15), unha das referencias da renovación musical máis vigorosas, a sesión DJ de Isaac Pedrouzo (23h30), o caos creativo e punk de Los Nastys (00h30), o desmelene frenético e pop adulterado de Meneo (01h30) e Isaac Pedrouzo de novo aos pratos (02h30).

O sábado 20 de xullo dende a mañá, os asistentes poderán gozar de xeito gratuíto da música de Uke & The Leeles (13h15), do Concerto Mahou Cinco Estrellas no queDelafé (15h00) -en formato Mediodía Cañero- amosará o seu novo son máis electrónico, dos acordes enérxicos e o pop cristalino dos valencianos L’Emperador (16h00) e de tres concertos a cargo de Gain Over (17h00), a escola de rock do Val Miñor. A partir de media tarde, o acceso ao recinto tornarase de pago para acoller o folk, pop acústico e rock deIsius (19h00), o ritmo mantra “tucu-chaca” e o fingerpicking salvaxe de Yo Diablo (20h00), o pop electrónico do dúo barcelonés Hidrogenesse (21h00), a sesión DJ dePaul Church (22h00), o dúo Monterrosa (23h00), disposto convertir a pista de baile en paraíso e trincheira, os galegos e incombustibles Novedades Carminha (00h00) e as revolucionarias Las Chillers (02h15). O día completarano as sesións DJ de Isaac Pedrouzo (01h15) e Picnic Pop (03h15).

Paralelamente a música e durante todo o día desenvolveranse multitude de actividades para todos os públicos como bautismos de surf, obradoiros de maquillaxe, construcción en bloques ou globoflexia. Todo aquel que o desexe pode cambiar de look de forma gratuíta con Barbería Derek Ivanich e Save the Sailor. Tamén haberá unha ampla oferta gastronómica nas foodtrucks de La Pepita Burger Bar, ChacMool Taquería, Misco-Midas, Peaky Food Truck e Creperie La Bretonne.

As entradas e abonos para asistir ao evento pódense adquirir xa en www.vivenigran.com a un prezo de 30 euros o abono e 18 euros a entrada de día. A organización habilitou tamén un servizo especial de autobuses nocturnos para que todo aquel que o precise poida facer uso del á hora de abandonar Praia América. Terá un custe de 8 euros a viaxe e tanto o venres coma o sábado do festival terá saída ás 03h30 da mañá e paradas en Baiona, Vigo e Pontevedra.