Gaña dúas entradas para ver a Pantomima Full
En A Movida cremos co humor é fundamental para o día a día e por iso vamos premiar aos nosos seguidores cunha entrada doble para ver o show de monólogos de Rober Bodegas e Alberto Casado este venres, no Teatro Afundación, a partir das 9 da noite.
Para participar só tes que ser seguidor de A Movida en Facebook, darlle gústame na publicación sobre este sorteo e etiquetar á persona que leverías de acompañante.
Ademais, os subscritores da revista entran automaticamente a participar neste sorteo só polo feito de ser #AMOVIDALOVER. Se aínda non o es podes informarte de todas as vantaxes neste link.
O prazo para remata o mércores 5 de xuño ás 12 da noite. O xoves 6 de xuño coñeceremos os dous nomes das persoas premiadas.
Sobre Pantomima Full
Rober Bodegas e Alberto Casado agora forman parella e xuntos fánse chamar Pantomima Full.
Na súa nova actuación poñeranse na pel do que son, un dúo cómico que interpreta e repasa a actualidade grazas a arquetipos sutís e tronchantes, en vídeos curtos, eses que se comparten masivamente nas redes sociais.
Os seus sketches, os que triunfan na internet, formarán parte do show co que agora percorren as mellores salas e teatros do país.
Na revista de xuño de A Movida entrevistamos a Rober Bodegas: humorista nacido en Carballo e participante do programa de TVE El Rey de la Comedia ou Sé lo que hicisteis de La Sexta. Faite coa tu revista e poderás ler sobre a traxectoria do galego. Preme aquí para consultar os puntos de distribución.
O CONCURSO
Para participar é preciso:
- Ser seguidor en Facebook de @amovidavigo:
- Darlle gústame á publicación do sorteo.
- Comentar con quen irás no caso de ser afortunado/a.
- Ou ser subscritor da revista.
- O prazo para remata o mércores 5 de xuño ás 12 da noite.
- Poderán participar todas aquelas persoas físicas maiores de 18 anos. Cada persoa só poderá participar unha vez e eliminaranse perfís fraudulentos ou falsos
Gañador/a:
O gañador ou gañadora será elixido mediante sorteo aleatorio. Poñerémonos en contacto con el mediante o seu perfil de Facebook (ou WhatsApp no caso dos subscritores); se nun prazo de 48 horas non contestaran procederíamos a facer un novo sorteo.
O premio:
Sortéanse dúas entradas para o show de Pantomima Full do venres 7 de xuño ás 9 da noite no Teatro Afundación. A organización resérvase o dereito de mudar o carácter ou cuantía do premio en caso de que a empresa patrocinadora do evento así o requirise. Da mesma maneira, resérvase o dereito de mudar, suspender ou cancelar o concurso en base a necesidades da mesma e de conformidade con estas bases.
Aceptación das bases:
A participación no concurso implica a aceptación destas bases.
* Facebook non patrocina, avala nin administra de modo alguno a promoción, nin está asociado a ela.