CAMELIAS MASCOTAS

Voltan as conas, e voltan monstruando

Onte asistimos a esta ‘Mostruación’ no Bar O Serán. Unha comedia de Enconarte Producciones que está disposta a romper os tabús que rodea ao xénero feminino. Na xornada de onte fixeron dous pases, ás 21:30 e ás 23:00. Se non tiveche oportunidade de velas, moi pronto voltarán a Vigo.

Aquí a crítica do, tamén actor, Agustín Leirós sobre o espectáculo:

Voltan as conas, e voltan monstruando baixo a batuta doutra monstrua, Marian Bañobre, que leva a Rocio, Deborah e Arantxa ao máis alto cunha comedia que engancha dende o inicio ao final, nun alegato feminista moi necesario. Unha comedia imprescindible fresca, divertida, irreberente e moi moi recomendable.
Moi pronto voltarán a cidade para monstruar.
Tres bonecas, Barbara Barri e Famo descobren que a súa dona, América, deixou de ser unha nena…
Todo o que acontece…
Mellor será que o vexas, hai que velo
Cheo a reventar no Serán na sua estrea.
Pronto voltarán para continuar botando por terra os tabus e facernos abrir os ollos ante a realidade que o patriarcado nos fixo crer.