REVISTA ABRIL

Enrique Piñeyro: “Sinto máis presión cociñando que pilotando un avión”

O polifacético artista arxentino Enrique Piñeyro visita esta fin de semana por primeira vez Galicia, máis concretamente o sábado 7 ás 20:30 no Teatro Afundación. Alí presentará ao público vigués o seu espectáculo Volar es humano, aterrizar es divino, un show acedo e divertido que contará cun gran despregamento audivisual. Podes mercar aquí as túas entradas.

Enrique Piñeyro no Teatro Afundación | Pablo V.

Actor, director e produtor de cine, humorista, piloto de avión, comandante dunha línea aérea, médico e mesmo cociñeiro dun restaurante. Só hai unha persoa que encaixe baixo esa descrición, e esa é Enrique Piñeyro. Este xoves pola mañá convidou á prensa a coñecelo persoalmente e charlar un pouco con el, e sen dúbida demostrou que ten moitas cousas que contar. Entro outras, que viu desde Bos Aires nun avión pilotado por el mesmo.

O seu show Volar es humano, aterrizar es divino, ademais de facernos rir, ten como obxectivo demostrarnos o absurdo de terlle medo á voar en avión e o “ridículo e perigoso que é vivir en superficie”. “Os accidentes domésticos, os cans e as persoas provocan moitísimas máis mortes que os avións, por non falar dos coches”, comenta Piñeyro, quen ten unha ristra de estatísticas para corraborar a súa teoría. Unha delas, por exemplo, que no 2017 non houbo nin unha soa vítima en accidentes aéreos, mentres que 235 persoas morreron “cazando Pokémon”.

REVISTA ABRIL

Os principais culpables deste pánico xeneralizado a voar son, segundo el, os medios de comunicación e o cinema de catástrofes, “sempre centrados en accidentes aéreos ou en ataques de tiburóns”. “E agora no coronavirus”, comenta sarcástico, e como médico recomenda que “só os contaxiados utilicen mascarilla, xa que ao levala creas unha zona húmida preto na boca que é idónea para que o virus se asente”. A excesiva cobertura mediática do virus débese a que “os xornais teñen que escribir sempre o mesmo número de páxinas, haxa ou non haxa noticias”

Que imos a atopar no espectáculo? Humor negro, personaxes universais e un simulador a escala real da cabina dun avión, que grazas ao despregamento audiovisual recreará un voo de Avianca durante a súa aterraxe en Nova York. A partir de aquí, e grazas á súa experiencia como comandante de liña aérea, a súa formación de médico especializado en aeronáutica e as súas observacións sobre o erro humano, descobre os fallos habituais na comunicación diaria e os contrapón á comunicación aeronáutica.

Preguntado por onde sinte máis presión, se na cabina dun avión ou enriba dun escenario, o artista arxentino responde que cociñando: “imaxina un restaurante cheo en Bos Aires cun pedido tras outro… iso si que é presión”. Semella non haber tema que se lle resista a Enrique Piñeyro.

(GMT+01:00)

The following two tabs change content below.

Pablo Vázquez

Graduado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Vigo, é un apaixoado do cine, da música e da fotografía. É director dos documentais 'O profesor', 'The Death: el reencuentro' e 'Cuna de músicos', ademais de coautor do libro 'Son da cidade', o que lle fixo coñecer aínda máis a escena musical viguesa. Ten traballado con distintos grupos e salas da cidade, ademais de participar nos últimos anos como Xurado Novo nos festivais de cine de San Sebastián e Novos Cinemas.