CAMELIAS MASCOTAS

Coruxo Móvese pola inclusión

Coruxo Móvese, o evento deportivo que busca a integración das persoas con discapacidade física e movilidade reducida, celebra a súa sexta edición o 9 de xuño no entorno do Vao. Desde o día sete haberá actividades complementarias a esta xornada solidaria como unha Máster Class Zumba, unha zona infantil de xogos, unha comida popular e sorteo de agasallos.

Cartel da VI edición Coruxo Móvese

As e os participantes de Coruxo Móvese, a xornada deportiva e solidaria que ten como obxectivo facer da actividade física unha ferramenta socialibilizadora, poderanse inscribir nas diferentes probas desta sexta edición. Unha delas é a andaina accesible, apta para todas as idades e condicións, que consta de 5 km pola Illa de Toralla e Canido. Isidre Esteve, persoa que lle dá nome á Fundación que organiza este evento, sinala que “supón unha boa oportunidade para visitar este espazo, posto que non é de fácil acceso todos os días do ano”. A carreira de orientación é outra das opcións destinada aos grupos, de entre 4 e 5 compoñentes, e que tamén conta cun circuito adapatado a diferentes condicións físicas.

Pola súa banda, as e os máis cativos dispoñen do seu propio Torneo infantil, que ten como nome “Ponte na súa pel”. Trátase dunha actividade na que as e os participantse poderán practicar deportes adaptados para, deste xeito, pórse no lugar dun neno ou nena con discapacidade ou movilidade reducida.

Será o 9 de xuño cando se celebren as diferentes probas mais desde o día 7 haberá actividades complementarias a esta xornada deportiva e solidaria. Dous días antes do inicio do evento, o venres 7, as monitoras Ana Freire e Nuria Mendes ofrecerán unha clase demostración de Zumba e as crianzas poderán disfrutar dunha zona infantil na que se ensinarán xogos e manualidades. Ademais, no campo de fútbol Leri, a partir das 17 horas, celébrase unha festa solidaria na que actuarán artistas invitados aínda por coñecer. Finalmente, a inscrición á sexta edición de Coruxo Móvese inclúe unha comida popular.

A Fundación Isidre Esteve traballa pola inclusión das persoas con discapacidade ou mobilidade reducida desde hai sete anos, a través do proxecto Centro Ponte, situado no campo de fútbol de O Vao. Ao longo do ano organiza actividades para que estas persoas poidan levar a cabo unha rutina de actividade física e conseguir, así, unha maior autonomía. A Fundación, organizadora do evento, agarda superar o millar de participantes logo de alcanzar as 800 inscrición da edición anterior. O prazo para participar en Coruxo Móvese estará aberto ata o mesmo día 9 de xuño nas seguintes ligazóns:

REVISTA NOVEMBRO

Andaina accesible

Carreira de orientación

Ponte na súa pel

The following two tabs change content below.

Eva M. Porto

Dende que a súa nai e o seu pai lle regalaron o libro dos por ques, decidiu que sería a nena que buscaría sempre os porqués. Estudou o Grao en estudos do galego e do español na Universidade de Vigo e no 2016 comezou o Grao de Periodismo na Universidade Europea Miguel de Cervantes. Aprendou o “oficio máis bonito do mundo” en Radio Vigo, Diario de Pontevedra e Onda Cero Ourense. Protestando dende 1993.