CAMELIAS MASCOTAS

Obradoiros para recuperar a tradición dos Merdeiros

A Concellaría de Normalización Lingüística quere contribuír á recuperación do Merdeiro a través dunha serie de obradoiros dirixidos ás crianzas polos barrios da cidade. Un total de seis paradas cunha parte dirixida a nenos e nenas de entre 3 e 6 anos e outra para os de 7 a 12.

REVISTA NOVEMBRO

Os merdeiros no Entroido do ano pasado | Fernando Laconde

O merdeiro é un personaxe do entroido vigués de caracter popular que remitiu nos anos 20 do século XX por medio de ordenanzas municipais que, sen prohibilos directamente, atacaban a súa figura. A figura do Merdeiro interprétase coma unha eterna rivalidade entre mariñeiros e labregos, entre a loita cotiá co mar e a tranquilidade do agro. Nesta ocasión o criticador era o Merdeiro (Xente da mariña) e o criticado era o Escabichairo (xente da labranza).

Durante o Entroido, os mariñeiros transformábanse en merdeiros coa intención de expresar aínda máis o seu desprezo aos labregos. Para elo acostumaban a vestirse ao xeito do escabicheiro, ridiculizando aqueles elementos do traxe e aparellos de faena máis representativos e esaxerando o seu comportamento ante a sociedade. O merdeiro acostuma a vagar de xeito improvisado polas rúas da Zona Vella, só ou en grupo, asustando á xente e proferindo palabras malsoantes. 

Esta tradición é a que quere recuperar a Concellaría de Normalización Lingüística a través dunha serie de obradoiros gratuítos dirixidos á rapazada. Dende hai anos, xunto coa Asociación Etnográfica A Merdeira, ten levado información e actividades sobre o Merdeiro ao alumnado vigués. Estes talleres terán lugar o venres 8 na Ludoteca de Coia (18:00) e na Casa da Xuventude (18:00). O sábado 9 serán no Mercado de Teis (12:00), na Asociación de Comerciantes de Empresarios do Calvario (12:00), na AVV Novo Vigo (18:00) e na AC Xeral Pizarro (18:00). Cada quenda terá dúas partes, unha dirixida a nenos e nenas de entre 3 e 6 anos e outra para os de 7 a 12.

(GMT+01:00) Pavillón Municipal de Coia


(GMT+01:00) Casa da Xuventude


(GMT+01:00) Mercado de Teis


(GMT+01:00) Sede ACECA (O Calvario)


(GMT+01:00) AVV Novo Vigo


(GMT+01:00) AC Xeral Pizarro