VEGANA

Gastronomía, deporte e música para exaltar a tradición marítima de Vigo

O Vigo pesqueiro é o gran protagonista entre hoxe, xoves 5, ata o domingo, día 8, grazas ao Vigo Sea Fest que volve celebrarse este ano no Náutico cunha programación máis ampla e estritamente ligada ao mar. Este evento que pretende exaltar os produtos do mar combina gastronomía, deporte, música e tradición.

A rúa Montero Ríos no Vigo Sea Fest do ano pasado | @vigoseafest

O mar é sen dúbida un dos grandes referentes de Vigo. O Festival Vigo Sea Fest, que se celebra entre o 5 e o 8 de xullo no Náutico, quere resaltar o papel protagonista da industria pesqueira e a tradición marítima de Vigo a través da cociña de autor, deportes vinculados co mar, obradoiros infantís orientados ao coñecemento do mar e rutas e visitas polo patrimonio industrial da ría. Toda esta programación será completada con varias actuacións musicais entre as que destacan Los Elefantes, Morgan e Arizona Baby.

A gastronomía será sen dúbida a gran protagonista do Vigo Sea Fest. O evento, concibido como unha “festa de exaltación do peixe”, fusiona a variedade e calidade do produto das flotas galegas coa cociña de autor, representada este ano por 18 chefs de gran prestixio. Tódolos asistententes poderán degustar os platillos, elaborados na súa maioría por cociñeiros locais, que foron seleccionados para participar no evento. A gastronomía do mar estará presente tanto nestes petiscos que terán un prezo de 4,5€ cada un, como no amplo espazo expositivo de produtos do mar no que se poderán degustar moitos outros pratos. Este espazo o completa o escenario Arvi-Julio Verne no que ao longo dos 4 días se desenvolverán showcookings, catas e ensambles.

A música estará tamén moi presente no festival. Seis escenarios para dar cabida a estilos musicais para tódolos gustos e públicos. Os concertos patrocinados por Estrella Galicia constitúen o prato forte coas actuacións de Elefantes, Morgan, Arizona Baby, Anaut, Gigi McFarlane, Maureen Choi Quartet, Mel Semé, Bakin Blues Band. Dende a organización queren dar espazo aos grupos locais, por iso o escenario principal do festival estrearase o xoves 5 de xullo coa actuación de tres grupos seleccionados no I Certame Vigo Seafest Music: Pólvora, Cool Cucumber e Antifrágil. A clausura correrá a cargo das mulleres. Baixo o leit motiv ‘cerramos nosotras’ actuará a artista viguesa Patricia Moon e o grupo madrileño Aurora & The Betrayers. Todos os afeccionados ou estudantes de música que desexen subir ao escenario terán a súa oportunidade no Escenario Sinvergüenzas, que en sesión de mañá e tarde acollerá concertos de rock nos que pode participar todo o mundo. As bandas emerxentes tamén terán o seu espazo no Escenario Regala Música. E no Escenario Ensamble actuará unha formación creada especificamente para o Vigo SeaFest, lidera por Lucas Fernández (Best Boy) e integrada, ademais, por Diego Pacheco, Javi Pacheco y Artu Álvarez. Realizarán sesión de improvisación e versión e invitarán a participar a músicos locais. Outra das novidades é que haberá música a bordo dos barcos que fan a ruta Vigo-Moaña-Vigo e Vigo-Cangas-Cíes-Vigo.

Os deportes ligados ao mar serán outra das patas do festival: Waterpolo no mar, kayak polo, motos acuáticas, flyboard, kayak de mar, surf a motor e tamén haberá oportunidade de participar nos bautismos de vela e kayak. Ademais, Fundamar-Vigo Pesqueiro organizará rutas e visitas para coñecer o patrimonio industrial da ría de Vigo. No cometido de ser un evento para tódolos públicos, os pequenos da casa tamén poderán gozar do festival a través de distintos obradoiros para participar en familia: deseño e creación de cometas, origami de figuras mariñas, unha gincana sobre Xulio Verne, Flashmob e poderán converterse en pequenos minichefs a través dos obradoiros de cociña. Pero a actividade estrela entre a cativada e o desfile de Os Bolechas o domingo as doce do mediodía que irá seguido da presentación do libro ‘Os Bolechas comen peixe’.

Catro xornadas nas que podemos indagar máis nunha das iconas da nosa cidade: o mar e tódolos produtos, tradicións e actividades que desenvolvemos arredor del.

Podes consultar a programación completa do festival nos eventos por días:

(GMT+01:00) Peirao do Náutico


(GMT+01:00) Peirao do Náutico


(GMT+01:00) Peirao do Náutico

REVISTA OUTUBRO

(GMT+01:00) Peirao do Náutico