Dous concertos míticos para pechar o ano en Vigo
Para pechar o ano en Vigo celébranse dous concertos que son tan tradicionais como o turrón nestas datas e por estes lares. Trátase do show a cargo de Tony Lomba e Elio do Santos na Frábica de Chocolate e o concerto aniversario de Siniestro Total que cada decembro cumpre anos en La Iguana Club.
Temos un pre-fin de ano ben movido na nosa cidade. Dúas das citas máis tradicionais do Nadal vigués terán lugar a finais de decembro. Trátase dos concertos de Tony Lomba e Elio do Santos que estarán co seu espectáculo ‘Ay Yoli Yoli’ os días 27 e 29 en La Fábrica de Chocolate e Siniestro Total celebrará o seu 37º aniversario en La Iguana Club tamén con data dobre: 27 e 28 de decembro. As entradas para ámbolos dous espectáculos xa están a venda.
Onte Tony Lomba e Elio dos Santos colgaban na súas redes a canción ‘Ay Yoli Yoli’, o seu hit para rematar este 2018, na que piden un respetito para Rosalía e fan un chamamento para que Caballero inclúa a artista no seu Vigo en Festas 2019. Un show irreverente no que escoitaremos outros temas deste curioso dueto vigués como son ‘Vaya tio’, ‘España, España’ ou ‘Follemos’ entre moitas outras. As entradas pódense adquirir neste enlace.
A banda lideradada por Julián Hernández segue fiel a súa cita anual en La Iguana para celebrar o seu cumpreanos. E xa van 37 anos dende que Siniestro Total irrompía na escena viguesa nos anos da movida. Unha época que poucos grupos souberon sobrevivir, sálvanse excepcións como esta que nos ocupa. Tras agotar as entradas para o día 28 marcaron nova data de concerto para o 29.