CAMELIAS MASCOTAS

Corenta anos de xornalismo na rúa Príncipe

Desde o mércores podemos ver a Rúa do Príncipe con decenas de carteis nos que observar diferentes portadas de xornais nacionais das últimas catro décadas co motivo do aniversario do Grupo Prensa Ibérica. 

Unha perspectiva da exposición na rúa do Príncipe | Faro de Vigo

A exposición polo 40 Aniversario do Grupo Prensa Ibérica é unha das poucas cousas que atoparemos estes días na Rúa do Príncipe que non garda relación co Nadal. O mércores á noite diferentes personalidades inauguraron este conxunto de 60 portadas de xornais nacionais, que foron recorrendo unha a unha.

REVISTA NOVEMBRO

Nesas primeiras planas, reflexo dos últimos 40 anos da prensa do país, podemos ver todo tipo de noticias: guerras, política, deporte, sociedade, economía, cultura… Algúns exemplos son o afundimento do Prestige, a victoria de Donald Trump nas eleccións de EEUU, a chegada do Euro, o terremoto de Haití, o tsunami en Xapón…

Unha parte da mostra céntrase na prensa local, concretamente no Faro de Vigo, parte do Grupo Prensa Ibérica. Entre as novas deste diario podemos ver a derrota do Celta na final da Copa do Rei e outras do equipo celeste, a visita do Papa Juan Pablo II a Galicia, o concurso de acreedores de Pescanova ou os lumes do ano pasado.

A Coral Casablanca amenizou a inauguración cunha fermosa interpretación do Himno galego, que chamou a atención dos moitos transeúntes que paseaban pola principal rúa comercial da cidade a esas horas.