CAMELIAS MASCOTAS

Sorteo de dúas entradas para ‘Somos Criminais’

A Movida quere agradecer a súa fidelidade a tódolos subscritores do servizo de WhatsApp co sorteo de dúas entradas para o show Somos Criminais. O espectáculo humorístico no que participan Xose A. Touriñan e Carlos Blanco celebrarase o 8 de decembro no Teatro García Barbón.

 

Para participar no sorteo só tes que ser subscritor do servizo de WhatsApp de A Movida. Se aínda non o es, podes darte de alta neste enlace.

prazo para participar é ata o mércores 28 de novembro ás 12 da noite, o xoves 29 coñeceremos o gañador ou gañadora das dúas entradas.

Sobre ‘Somos Criminais’
Temos unha cultura criminal propia? Delinquimos como galegos? Para responder a estas preguntas, Carlos Blanco e Touriñán analizan e dramatizan crimes autóctonos en todas as súas variables, desde o crime por arroutada ata o crime por acumulación de mala hostia, pasando polo crime familiar por causa das herdanzas, o asasinato por suxestión ou as orixes do narcotraficante galego.  A conclusión é clara: Somos Criminais.

O CONCURSO

Como participar:

Para poder participar no concurso é preciso:

REVISTA NOVEMBRO
  • Ser subscritor do servizo de WhatsApp de A Movida
  • O prazo para participar no concurso estará aberto ata o mércores 28 de novembro ás 12 da noite.
  • Poderán participar todas aquelas persoas físicas maiores de 18 anos. Cada persoa só poderá participar unha vez e eliminaranse perfís fraudulentos ou falsos

Gañador/a:
O gañador ou gañadora será elixido mediante sorteo aleatorio. Poñerémonos en contacto con el mediante o seu correo electrónico ou número de teléfono; se nun prazo de 48 horas non contestaran procederíamos a facer un novo sorteo.

O premio:
Sortéanse dúas entradas para Somos Criminais. A organización resérvase o dereito de mudar o carácter ou cuantía do premio en caso de que a empresa patrocinadora do evento así o requirise. Da mesma maneira, resérvase o dereito de mudar, suspender ou cancelar o concurso en base a necesidades da mesma e de conformidade con estas bases.

Aceptación das bases:
A participación no concurso implica a aceptación destas bases.