REVISTA ABRIL

Sorteo de dúas entradas para ‘Malo Será’

A Movida quere celebrar o seis meses desde o seu nacemento e agrader o apoio de tódolos seus seguidores co sorteo dúas entradas para ‘Malo Será’. O espectáculo humorístico no que participan Lucía Regueiro, Isabel Blanco, Federico Pérez, Marcos Pereiro entre moitos máis que celebrarase o 28 de xuño no Teatro García Barbón.

Para participar no sorteo só tes que ser seguidor de A Movida en Facebook e darlle gústame nesta publicación.

prazo para participar é ata o mércores 27 de xuño ás 12 da noite, o xoves  28 coñeceremos o gañador ou gañadora das dúas entradas.

Sobre ‘Malo Será’
Da pantalla de Televisión de Galicia ás táboas do teatro. É un salto arriscado, pero… Malo Será! Oito actrices e actores da TVG, acompañados de invitados e sorpresas, saen de xira polos teatros de Galicia para facer un espectáculo de sketches cómicos que será gravado e emitido pola Televisión de Galicia ó longo do verán. Con Lucía Regueiro, Isabel Blanco, Federico Pérez, Marcos Pereiro, Sabela Hermida, Oswaldo Dijon, Lucía Veiga e a participación estelar de Touriñán, Manuel Manquiña, Eva Iglesias, Víctor Fábregas… e moitos máis.

O CONCURSO

Como participar:

Para poder participar no concurso é preciso:

  • Ser seguidor en Facebook de @amovidavigo
  • Darlle gústame no Facebook de @amovidavigo á publicación do sorteo.
  • O prazo para participar no concurso estará aberto ata o mércores 28 de xuño ás 12 da noite.
  • Poderán participar todas aquelas persoas físicas maiores de 18 anos con perfil de Facebook. Cada persoa só poderá participar unha vez e eliminaranse perfís fraudulentos ou falsos

Gañador/a:
O gañador ou gañadora será elixido mediante sorteo aleatorio. Poñerémonos en contacto co gañador ou gañadora mediante o seu perfil de facebook; se nun prazo de 48 horas non contestaran procederíamos a facer un novo sorteo.

REVISTA ABRIL

O premio:
Sortéanse dúas entradas para o espectáculo ‘Malo Será’ no Teatro Afundación o vindeiro 28 de xuño. A organización resérvase o dereito de mudar o carácter ou cuantía do premio en caso de que a empresa patrocinadora do evento así o requirise. Da mesma maneira, resérvase o dereito de mudar, suspender ou cancelar o concurso en base a necesidades da mesma e de conformidade con estas bases.

Aceptación das bases:
A participación no concurso implica a aceptación destas bases.

* Facebook non patrocina, avala nin administra de modo alguno a promoción, nin está asociado a ela.