CIRCO DE NADAL
CAMELIAS NADAL

Sorteo de dúas entradas para ‘Somos criminais’

A Movida quere responder ao apoio de tódolos seus seguidores co sorteo dúas entradas para ‘Somos Criminais’. O espectáculo humorístico no que participan Xose A. Touriñan e Carlos Blanco celebrarase o 25 de maio no Teatro García Barbón.

Para participar no sorteo só tes que ser seguidor de A Movida en Facebook e darlle gústame nesta publicación.

prazo para participar é ata o luns 14 de maio ás 12 da noite, o martes 15 coñeceremos o gañador ou gañadora das dúas entradas.

Sobre ‘Somos Criminais’
Temos unha cultura criminal propia? Delinquimos como galegos? Para responder a estas preguntas, Carlos Blanco e Touriñán analizan e dramatizan crimes autóctonos en todas as súas variables, desde o crime por arroutada ata o crime por acumulación de mala hostia, pasando polo crime familiar por causa das herdanzas, o asasinato por suxestión ou as orixes do narcotraficante galego.  A conclusión é clara: Somos Criminais.

O CONCURSO

Como participar:

Para poder participar no concurso é preciso:

  • Ser seguidor en Facebook de @amovidavigo
  • Darlle gústame no Facebook de @amovidavigo á publicación do sorteo.
  • O prazo para participar no concurso estará aberto ata o luns 14 de maio ás 12 da noite.
  • Poderán participar todas aquelas persoas físicas maiores de 18 anos con perfil de Facebook. Cada persoa só poderá participar unha vez e eliminaranse perfís fraudulentos ou falsos

Gañador/a:
O gañador ou gañadora será elixido mediante sorteo aleatorio. Poñerémonos en contacto co gañador ou gañadora mediante o seu perfil de facebook; se nun prazo de 48 horas non contestaran procederíamos a facer un novo sorteo.

CAMELIAS NADAL

O premio:
Sortéanse dúas entradas para o espectáculo ‘Somos Criminais’ no Teatro Afundación o vindeiro 25 de maio. A organización resérvase o dereito de mudar o carácter ou cuantía do premio en caso de que a empresa patrocinadora do evento así o requirise. Da mesma maneira, resérvase o dereito de mudar, suspender ou cancelar o concurso en base a necesidades da mesma e de conformidade con estas bases.

Aceptación das bases:
A participación no concurso implica a aceptación destas bases.

 

* Facebook non patrocina, avala nin administra de modo alguno a promoción, nin está asociado a ela.