CAMELIAS MASCOTAS

Coñece os 17 espectáculos que compoñen o Vigo Cultura deste outono

Esta mañá o doutor Milagre e a súa tropa desprazáronse ata a praza do Rei para presentarnos in situ a programación de outono de Vigo Cultura que reúne no Auditorio do Concello 17 espectáculos entre outubro e novembro.

REVISTA NOVEMBRO

A última fin de semana de setembro arranca a programación de Vigo Cultura e o fará ao aire libre. Don Gelati será o encargado de inaugurar o programa co seu espectáculo diante do MARCO e o seu pasarúas por Príncipe, tanto o venres 28 como o sábado 29. A partir de aí tódolos espectáculos terán lugar no Auditorio do Concello emprazado na Praza do Rei e cada fin de semana haberá unha función para público adulto e outra para o familiar. A fin de semana do 5 ao 7 de outubro The Pimitals farán rir ao público coa súa comedia musical e os pequenos viaxarán polo mundo con Spasmo Teatro e a súa obra ‘El Mundo Lirondo’. O venres 12 de outubro e o sábado 13 Talía Teatro fará unha revisión do clásico ‘O servidor de dous amos’e o domingo os cativos poderán achegarse as reivindicacións de xénero dunha forma amena a través de ‘Rosa Caramelo e otras historias’. ‘A Leituga’, nos achegará a un deses momentos cruciais nas nosas vidas: Que facer cos nosos pais cando se achegan a norte? O venres 19 e o sábado 20. Mentres que a compañía Elefante Elegante entreterán a menos a partir de 3 anos co seu espectáculo de teatro xestual ‘Patapatúm’. O drama chegará ao auditorio municipal co show ‘Cáscaras vacías’ o venres 26 de outubro. Mentres que o domingo 28 Asacocirco presentará BB Circus dirixido aos bebés.

O mes de novembro arranca cun espectáculo de danza contemporánea de Toni Jodar para adultos e ‘Rojo Estándar’, un show entre a danza e o circo, para os pequenos da casa. A peza teatral ‘Iberian Gangsters’ amenizará a noite do venres 9 de novembro e o domingo 11 Mago Teto deixará boquiabertos a pequenos e maiores con ‘Alquimia’. Tamén haberá música, Susana Seivane estará o venres 16 de novembro presentando o seu novo disco ‘Fa’. E o domingo 18 os catro compoñenentes de Píscore enfrontaranse a un grande conflito: 16 baquetas e unha soa marimba. A programación de outono remata cun gran clásico Teatro Noroeste trae a Vigo a obra de Valle Inclán ‘Da avaricia, a luxuria e a morte’. E a programación infantil porá o punto final con ‘Frankenstein. No soy un monstruo’ unha nova adaptación á comedia da tradicional peza de Mary Shelley.

En total pasarán polo auditorio este outono 16 compañías 9 de elas galegas. Na presentación, o alcalde de Vigo, Abel Caballero recalcou que o ano pasado se pasaron polo auditorio vigués 40.000 asistentes e se programaron 275 actividades. O cheo total en todas elas deixa patente segundo Caballero “o desexo de facer cultura que hai na nosa cidade”.