UVIGO
FILLOAS

Andainas, excursións e cursos no Camiño a Camiño deste outono

Xa coñecemos máis información sobre as actividades que levará a cabo Camiño a Camiño neste outono. Excursións, andainas e cursos serán algunhas das propostas para estes meses, que seguen tendo ao medio ambiente e á natureza como principais protagonistas.

As inscricións para todas estas actividades pódense facer no 010 (986 810 260 dende móbil) durante a semana previa a cada unha delas e no caso das actividades familiares a partires do 8 de outubro.

Despois do éxito das actividades de primavera, este 7 de outubro comeza a programación deste Camiño a Camiño outonal, coas ‘Sendas ao carón da sidra e o viño’. A primeira escapada será a A Estrada (7 de outubro), a segunda a O Rosal (21 de outubro) e para pechar o mes visita a O Ribeiro (28 de outubro). Nelas falarase de agricultura, do viño e da sidra e do seu vencellamento coa nosa terra. O prezo destas excursións é de 7€.

Este outono tamén teremos oportunidade de percorrer os sendeiros locais recorrerán que nos levarán a coñecer os montes que circundan a cidade. Este ano a primeira andaina será o por Coruxo e Saiáns (14 de outubro), en memoria aos fatídicos incendios sufridos nesa zona o ano pasado. Tamén haberá rutas por Valadares (4 de novembro), Beade e Bembrive (11 de novembro), Cabral (18 de novembro) e Candeán (25 de novembro). Todas estas andainas son de balde, pero é necesario inscribirse previamente.

Tamén haberá actividades familiares nas que unhas 100 persoas, divididas en dúas quendas, viaxarán e convivirán un par de días nos Ancares. Os temas centrais desta escapada serán a contaminación dos plásticos e a contaminación alumínica, co fin de concienciar e sensibilizar sobre estes temas tan relevantes. Tras unha xuntaza previa no Vigozoo, no que repasarán unha serie de conceptos relacionados co medio ambiente, todas as familias que participen asinarán un papel polo cal se comprometen a non utilizar ningún plástico dun só uso durante a viaxe. O primeiro grupo viaxará aos Ancares a fin de semana 11 e 12 de novembro tras facer a xuntaza no Vigozoo o día 20 de outubro e o segundo grupo o fará todo unha semana máis tarde viaxe aos Ancares o 17 e 18 de novembro e visita a Vigozoo o 27 de outubro. O prezo é de 50€, e inclúe aloxamento, viaxe e comidas.

O voluntariado é outro dos eixos de Camiño a Camiño. Haberá dous cursos, ambos gratuitos: un específico para paseadores de cans da canceira municipal e outro de hortas urbanas. O primeiro tivo e está a ter moita demanda, no cal se ensinará aos interesados unha serie de coñecementos básicos para poder pasear aos cans da canceira polos montes de Candeán. Polo de agora este curso só está dispoñible os mércores pola mañá, pero agardan poder aumentar os días e as horas segundo a demanda. Mentres que as hortas urbanas ao estar espalladas por toda a cidade (Cabral, Lavadores, Camelias, Teis, Navia, Ramón Nieto..) os horarios varían segundo a horta. Tamén haberá outros voluntariados como o urbano e o de sendeiros.

CAMELIAS NADAL

As inscricións para todas estas actividades pódense facer no 010 (986 810 260 dende móbil) durante a semana previa a cada unha delas e no caso das actividades familiares a partires do 8 de outubro.