29 espectáculos de teatro, danza e humor chegan a Vigo este outono
Vigocultura, o programa municipal de artes escénicas, vén de publicar o programa completo de espectáculos para o outono de 2024, no que encontramos teatro, danza, espectáculos de rúa, sesións infantís e monólogos.
A partir do venres 27 de setembro, co pasacalles Ulterior Viaxe, porase en marcha o primeiro dos 20 espectáculos de produción galega e os 9 de compañías de fóra de Galicia programados ata finais de outubro dentro de do programa municipal de artes escénicas VigoCultura . As actuacións terán lugar no Auditorio Municipal, agás os dous primeiros, e contarán con entradas a prezos reducidos.
Na programación encontramos propostas de teatro, danza e humor, e tamén para o público miúdo. Entre as actuacións máis reseñables atópase a obra prevista o sábado 28 de setembro, na Porta do Sol, co espectáculo Artilusio de Markeliñe Teatro. Acto seguido, o venres 4 de outubro a actriz viguesa Celia Freixeiro actuará no Auditorio Municipal coa obra Marcela. Unha canción de Cervantes. Para o sábado 5 de outubro está prevista a actuación, no Auditorio Municipal, do premiado actor Javier Gutiérrez coa obra O traxe. O sábado 19 de outubro a obra de humor gestual War Baby, da compañía Yllana, tamén se representará no Auditorio Municipal.
Outro dos espectáculos máis reseñables, como xa se adiantou no mes de xullo, será a peza Camino al zoo, protagonizada por Fernando Tejero, Dani Muriel e Mabel do Pozo e producida pola compañía Pentación, creada nos anos 80 por Rafael Álvarez “El Brujo”.
Entradas:
As entradas poñeranse á venda o vindeiro martes, 10 de setembro, a partir das 10 da mañá e poden adquirirse sen gastos de xestión na web www.giglon.com, presecialmente na librería Libros para Soñar, situada na rúa Triunfo, 1 e, de quedaron dispoñibles, poderán mercarse o mesmo día da función na billeteira.
Programa completo (en vermello os espectáculos familiares):
27 de setembro ás 20h – Tiritirantes Circo Teatro – Ulterior el viaje – Pasarrúas (Príncipe, Marco a Porta do Sol)
28 de setembro ás 19h – Markeliñe Teatro – Artilusio – Espectáculo de rúa na Porta do Sol.
4 de outubro ás 20h – Sociedad Cervantina – Marcela. Una canción de Cervantes.
5 de outubro ás 20h – Beginners 2021 – El traje
6 de outubro ás 18h – Teatro Paraíso – Entrecajas
11 de outubro ás 20h – Pentación SA – Camino al Zoo
12 de outubro ás 20h – Amorodio Teatro – Cortello de amor
13 de outubro ás 18h – Xarope Tulú – A teteira de Kabul
18 de outubro ás 20h – Etiqueta Negra – Mochila al pasado
19 de outubro ás 20h – Yllana – War Baby
20 de outubro ás 18h – Redrum Teatro – Os contos de Lobicán
25 de outubro ás 20h – Etiqueta Negra – Go Home
26 de outubro ás 20h – Antagonista Teatro Insubmisa
27 de outubro ás 18h – Joshua Kennet – Degustación de imposibles
1 de novembro ás 20h – Sarabela Teatro O dragón de ouro
2 de novembro ás 20h – Verdeveras Expresións Artísticas As formas do amor
3 de novembro ás 18h – Cia La Sincro – OhLimpiadas!
8 de novembro ás 20h – Talía Teatro Unha inimiga do pobo
9 de novembro ás 20h – ButacaZero O único que verdadeiramente quixen toda a vida é ser delgada
10 de novembro ás 12, 16:30 e 18 – Zig Zag Danza – Mimesis -Espectáculo para bebés Aforo súper reducido (70 pax por sesión)
15 de novembro ás 20h – Redrum Teatro – Hamelin
16 de novembro ás 20h – Troponontroppo – A noite xusto antes dos bosques
17de novembro ás 18h – Tropos, Teatro de Títeres – La ratita presumida
22 de novembro ás 20h – De Ste Xeito Producións – Feminíssimas
23 de novembro ás 20h – Fran Sieira. Cía de Danza – CEIBE
24 de novembro ás 18h – Elefante Elegante – Kyoki
29 de novembro ás 20h – Teatro do Noroeste – Último verán en Santa Cristina
30 de novembro ás 20h – Paula Pier – Eu, Fraude!
1 de decem,bro ás 12:30 e 18:00 – Amarelo – O arcón de Noa
Paula Cermeño
Últimos posts de Paula Cermeño (ver todos)
- Unha vintena de actividades feministas para ‘hackear’ o patriarcado este outono en Vigo - 16 Setembro, 2024
- O GFFF quece motores cunha Batalla de Programadores e un Trivia Freak esta semana - 10 Setembro, 2024
- Extraescolares a calquera idade - 29 Agosto, 2024
- The Wild Fest, TerraCeo, Meu Fest e festas en Zamáns para pechar o mes de agosto - 28 Agosto, 2024
- Volve The Wild Cinema, o festival internacional de cine e ecoloxía de Vigo - 23 Agosto, 2024