Coñece todas as praias con bandeira azul de Vigo
Como cada verán, xorde a eterna dúbida entre que plan é mellor, a praia ou a montaña. A parte positiva é que en Vigo temos para escoller entre as dúas opcións. Para aqueles que se decanten por tomar o sol á beira do mar, facemos un repaso polos arenais vigueses que presumen de bandeira azul.
O mes pasado, coñeceuse que a nosa cidade é a urbe española con máis praias con bandeiras azuis, recoñecemento que otorga a Fundación Europea de Educación Ambiental as praias que cumpren unha serie de medidas ambientais e estructurais. Estas son A Punta, Tombo do Gato, Fortiñón, O Vao, Argazada, Canido, Fontaíña, Rodas e Figueiras.
A Praia da Punta está situada na Etea, no extremo contrario ao resto. É dun tamaño moi reducido, pero as vistas á ría, á Ponte de Rande e ao Monte da Guía fan dela un lugar moi interesante. Ademais, conta con máis posibilidades, como a de pasear pola zona da Etea, o parque infantil, a zona de skate ou o chiringuito con terraza. Xunto a ela podes atopar a praia da Lagoa e a Cala do Faro, no paseo marítimo da Guía.
Xa na zona das praias propiamente dita, atopamos a de Argazada, ao comezo de Samil, sendo probablemente unha das principais e das que máis xente atrae de todo Vigo. Ten unha lonxitude de máis de 400 metros de longo, prazas de aparcamento en batería e en liña, ademais de estar pegada a unha zona verde de gran amplitude, con restaurantes e pista de patinaxe. Ademais, durante o mes de xuño, teremos unha biblioteca nun destes espazos verdes gracias ao programa Os Libros ao Sol, con multitude de lecturas e actividades para os cativos. A Argazada, e Samil en xeral, son sen dúbida as ideais para os nenos e nenas, xa que son a máis animada e contan con varias piscinas e quioscos nas súas inmediacións.
Antes desta atopamos a praia Tombo do Gato, con menos da metade de lonxitude, pero sendo un espazo moi tranquilo e reservado. Ademais de prazas de aparcamento para minusválidos, duchas, fontes e quiosco, conta cun posto da Cruz Vermella.
A praia da Fontaíña, tamén coñecida como da Sirenita. É unha das praias máis tranquilas e resgardadas do vento, polo que fan dela un lugar ideal para tumbarse e relaxarse a tomar o sol. Nos arredores, ademais, atoparemos numerosos bares nos que incluso poderemos gozar de actuacións musicais en directo.
O Vao, xunto con Samil, é a praia máis coñecida e solicitada de Vigo. Conta con 800 metros de lonxitude e sobre 45 de anchura,polo que fan dela un lugar amplo e espazoso no que poder practicar deporte, como running, palas, fútbol ou volleyball. Probablemente sexa a praia máis popular entre a xente nova, que acude a ela en transporte público (liñas L10 e L11) ou privado, xa que existen bastantes prazas de aparcamento. A beira da ponte de Toralla atopamos os resto dunha antiga vila romana.
A última praia con bandeira azul que atopamos en terra firme é a de Canido, pouco despois da do Vao, xa na parroquia de Oia. É un areal moi agradable e tranquilo, menos frecuentado pola xuventude, con moitos establecementos de hostalería preto, e con aparcamento tanto público como privado.
Xa nas Illas Cíes, atopamos dúas praias dunha beleza única: a de Rodas e Figueiras. A de Rodas é a praia principal das Illas, con máis dun kilómetro de lonxitude e uns 60 metros de ancho. A súa area e branca e moi fina, e a súa auga cristalina, pero cunha temperatura notablemente inferior á das praias de Vigo. Pola súa contra, a praia de Figueiras, tamén coñecida como a dos Alemáns, é de moito menor tamaño, sobre 350 metros de lonxitude, e accédese a ela a través de pequenos sendeiros. Figueiras é un dos poucos areales vigueses nos que se pode practicar nudismo. Outra opción para espirse ao sol e a praia da Fonte, un areal anterior ao Vao catalogado como mixto.
Para aqueles que priorizan ir á praia acompañados do seu can por riba da cor que luza a bandeira, este ano as praias de Foz e A Calzoa situadas xunto a desembocadura do Lagares admiten a entrada de canes.
Pablo Vázquez
Últimos posts de Pablo Vázquez (ver todos)
- Buscamos imaxes e historias para manter viva a lembranza do Súbete ao Castro - 20 Novembro, 2024
- Elite Barber Shop: tradición e modernidade - 20 Novembro, 2024
- O “fracaso estrepitoso” do Súbete ao Castro ou como non entender a cultura local - 15 Novembro, 2024
- O Cirque du Soleil volve a Galicia cun orixinal espectáculo en pavillóns - 13 Novembro, 2024
- Reúnese Foggy Mental Breakdown, o ‘dream team’ da música viguesa - 6 Novembro, 2024