CASAACUNHA
Praia O Tombo do Gato

Coñece todas as praias con bandeira azul de Vigo

Como cada verán, xorde a eterna dúbida entre que plan é mellor, a praia ou a montaña. A parte positiva é que en Vigo temos para escoller entre as dúas opcións. Para aqueles que se decanten por tomar o sol á beira do mar, facemos un repaso polos arenais vigueses que presumen de bandeira azul.

O mes pasado, coñeceuse que a nosa cidade é a urbe española con máis praias con bandeiras azuis, recoñecemento que otorga a Fundación Europea de Educación Ambiental as praias que cumpren unha serie de medidas ambientais e estructurais. Estas son A Punta, Tombo do Gato, Fortiñón, O Vao, Argazada, Canido, Fontaíña, Rodas e Figueiras.

A Praia da Punta está situada na Etea, no extremo contrario ao resto. É dun tamaño moi reducido, pero as vistas á ría, á Ponte de Rande e ao Monte da Guía fan dela un lugar moi interesante. Ademais, conta con máis posibilidades, como a de pasear pola zona da Etea, o parque infantil, a zona de skate ou o chiringuito con terraza. Xunto a ela podes atopar a praia da Lagoa e a Cala do Faro, no paseo marítimo da Guía.

Praia da Punta

Xa na zona das praias propiamente dita, atopamos a de Argazada, ao comezo de Samil, sendo probablemente unha das  principais e das que máis xente atrae de todo Vigo. Ten unha lonxitude de máis de 400 metros de longo, prazas de aparcamento en batería e en liña, ademais de estar pegada a unha zona verde de gran amplitude, con restaurantes e pista de patinaxe.  Ademais, durante o mes de xuño, teremos unha biblioteca nun destes espazos verdes gracias ao programa Os Libros ao Sol, con multitude de lecturas e actividades para os cativos. A Argazada, e Samil en xeral, son sen dúbida as ideais para os nenos e nenas, xa que son a máis animada e contan con varias piscinas e quioscos nas súas inmediacións.

Praia de Argazada

Antes desta atopamos a praia Tombo do Gato, con menos da metade de lonxitude, pero sendo un espazo moi tranquilo e reservado. Ademais de prazas de aparcamento para minusválidos, duchas, fontes e quiosco, conta cun posto da Cruz Vermella.

Praia O Tombo do Gato

A praia da Fontaíña, tamén coñecida como da Sirenita. É unha das praias máis tranquilas e resgardadas do vento, polo que fan dela un lugar ideal para tumbarse e relaxarse a tomar o sol. Nos arredores, ademais, atoparemos numerosos bares nos que incluso poderemos gozar de actuacións musicais en directo.

Praia da Fontaíña

O Vao, xunto con Samil, é a praia máis coñecida e solicitada de Vigo. Conta con 800 metros de lonxitude e sobre 45 de anchura,polo que fan dela un lugar amplo e espazoso no que poder practicar deporte, como running, palas, fútbol ou volleyball. Probablemente sexa a praia máis popular entre a xente nova, que acude a ela en transporte público (liñas L10 e L11) ou privado, xa que existen bastantes prazas de aparcamento. A beira da ponte de Toralla atopamos os resto dunha antiga vila romana.

Banner A Movidiña

Praia do Vao

A última praia con bandeira azul que atopamos en terra firme é a de Canido, pouco despois da do Vao, xa na parroquia de Oia. É un areal moi agradable e tranquilo, menos frecuentado pola xuventude, con moitos establecementos de hostalería preto, e con aparcamento tanto público como privado.

Praia de Canido

Praia de Canido

Xa nas Illas Cíes, atopamos dúas praias dunha beleza única: a de Rodas e Figueiras. A de Rodas é a praia principal das Illas, con máis dun kilómetro de lonxitude e uns 60 metros de ancho. A súa area e branca e moi fina, e a súa auga cristalina, pero cunha temperatura notablemente inferior á das praias de Vigo. Pola súa contra, a praia de Figueiras, tamén coñecida como a dos Alemáns,  é de moito menor tamaño, sobre 350 metros de lonxitude, e accédese a ela a través de pequenos sendeiros. Figueiras é un dos poucos areales vigueses nos que se pode practicar nudismo. Outra opción para espirse ao sol e a praia da Fonte, un areal anterior ao Vao catalogado como mixto.

Praia de Rodas, nas Illas Cíes

Praia de Rodas, nas Illas Cíes

Para aqueles que priorizan ir á praia acompañados do seu can por riba da cor que luza a bandeira, este ano as praias de Foz e A Calzoa situadas xunto a desembocadura do Lagares admiten a entrada de canes.

The following two tabs change content below.

Pablo Vázquez

Graduado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Vigo, é un apaixoado do cine, da música e da fotografía. É director dos documentais 'O profesor', 'The Death: el reencuentro' e 'Cuna de músicos', ademais de coautor do libro 'Son da cidade', o que lle fixo coñecer aínda máis a escena musical viguesa. Ten traballado con distintos grupos e salas da cidade, ademais de participar nos últimos anos como Xurado Novo nos festivais de cine de San Sebastián e Novos Cinemas.