CAMELIAS MASCOTAS

Angel Martín, el Sevilla e Enrique San Francisco actuarán este outono nos Salesianos

Achégase unha tempada de moitas risas no Teatro Salesianos. A mítica sala viguesa xa ten programados os espectáculos de humor de Angel Martín, El Sevilla e Enrique San Francisco para os meses de outono.

Ángel Martín, cómico barcelonés, que actúa na nosa cidade o 19 de outubro. | rtve.es

Para que o fin do verán sexa máis levadeiro nos Salesianos propóñennos un outono cargado de humor. A sala viguesa ten pechadas as actuacións de Angel Martín (9 de outubro), Miguel Ángel Rodríguez ‘El Sevilla’ (9 de novembro) e Enrique San Francisco (14 de decembro). As risas están aseguradas nos shows destes artistas e as entradas xa se poden adquirir a través de woutik.

Ángel Martín será o encargado de inaugurar este ciclo de monólogos nos Salesianos o día 9 de outubro. O televisivo cómico volve despois de tres anos sen facer monólogos co seu espectáculo ‘Lo de hablar 2’, e segundo el mesmo explica “un puto monólogo”. El só con o micro. O 9 de novembro Miguel Ángel Rodriguez ‘El Sevilla’ será o encargado de facer rir ao público vigués co show ‘La historia de un genio’, no que o humorista andaluz conduciranos por divertidas e absurdas historias inspiradas en ‘Las mil y una noches’. ‘Ya no soy el que era’ é o espectáculo Enrique San Francisco que actuará en Vigo o 14 de decembro e explicarannos que lle levou a deixar a cervexa e levar unha vida máis saudable.

(GMT+01:00) Teatro Salesianos


(GMT+01:00) Teatro Salesianos


(GMT+01:00) Teatro Salesianos