60 curtas chegadas desde todo o mundo para a edición máis ambiciosa do GFFF
O Galician Freaky Film Festival, que se celebra do 28 ao 31 de outubro, chega cunha sección oficial de 60 curtas, das cales 44 son de países tan variados como Estados Unidos, Corea do Sur, Xapón, Suecia, Arxentina, Ucraína, Francia, Alemaña ou Polonia. Ademais, algunhas delas veñen de ser premiadas en festivais como Sundance, Venecia, Berlín, Toronto, Cannes ou Clermont-Ferrand.
Nesta edición, das máis de 400 obras presentadas a concurso (o dobre que o ano pasado), escolléronse 60 curtas para a sección oficial: 16 nacionais e 44 internacionais. Ademais, moitas delas poderanse ver en primicia no certame, xa que dúas serán estrea internacional, 14 proxectaranse por primeira vez en España e 30 das obras estrearanse en Galicia.
A sección oficial divídese en sete categorías diferentes e, algunhas delas, debido ao elevado número de traballos expostos, terán diversos volumes ao longo das xornadas:
- Arrepío: Baladas de amor e morte, de Iria Ares; No podrás volver nunca, de Mónica Mateo, El Bazar, de Luis Fernández-Jardón; AaMAMÁ, de Miguel Alcalde e Pulsión, de Pedro Casavecchia.
- Ciencia ficción: Je l’aime alors je la quitte de Ilan Zerrouki, R&R (Rêve et Realité) de Tony Chaslas, Onde dormen as gaivotas de Dani Cornes, The Lonely Orbit de Frederic Siegel e Benjamin Morard, Limbo Fungos de Alexis Menard e 400 Mph de P. Dannaud, J. Chaix, L. Deserre, A. Lefort, N. Pianeti e Q. Tireloq.
- Co cú torcido: Bad hair de Oskar Lehemaa, Chicken of the dead de Julien David, Pitch Black Panacea de Tom Hardiman, Human nature de Sverre Fredriksen, Matar o rato de Isaac Rivadulla, Sonrisas de Javier Chavanel, Je finirai en prison de Alexandre Dostie, Vieille Peau de Julie Rembauville e Nicolas Bianco-Levrin, Kohannia de Mykyta Lyskov, Lo supero de Ainhoa Menéndez, Raíces de José Yáñez e High dating de Jules Zingg.
- Humor freak: No, I don’t want to dance de Andrea Vinciguerra, La silla eléctrica de Joan Martín, Rain de Piotr Milczarek, El tratamiento de Álvaro Carmona, Pumpers Paradise de Eddy Hohf, Polter de Álvaro Vicario, First Action Hero de Jan Haluza, Tienminutengesprek de Jamille Van Wijngaarden, One Left de Sebastian Doringer, Maldita de Juanjo Moscardó e Suso Imbernón, Dinosaurs: The true story de Paul-Louis Aeberhard, Bloody Stair de Jeongmu Lee, Hitte de Thessa Meijer, Heatwave de Fokion Xenos, What if??? de Enrique García, La boite de Marie-Pierre Hauwelle e Le syndrome D’Archibald de Daniel Pérez.
- Que carallo é isto?: Sh-t happens de Michaela Mihályiova e David Stumpf, Toomas Beneath the Valley of the wild wolves de Chintis Lundgren, Slug Life de Sophie Gate, Life24 de Kristjan Holm, Operation: Rambu! de Steve Austin, Farce de Robin Jensen, To be bone de Sébastien Betbeder, Two bodies on a beach de Anna Paavilainen, Unkoman de Hikaru Tsukuda e Mega sexy robot dinosaur de Paul Howard Allen.
- Especial serial killer: Together de Ryan Oksenber, The Bloodbath obra de Emmanuel Hamon e Gilles Leroux, Fifty de Javier Dampierre e Cassandra de David Tolchinsky.
Despois de tres anos no que o Galician Freaky Film Festival non parou de medrar e conseguiu colgar o cartel de “completo” en moitos dos seus pases, o certame regresa unha vez máis á sala Videodrome (baixo o mercado do Progreso) e á cidade co fin de achegar todo tipo de filmes de terror e serie B. Pronto sairán á venda as entradas.