40.ª Mostra de Teatro de Cangas
Un dos festivais escénicos de referencia en Galicia, a Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas (MITCFC), chega este verán á cuadraxésima edición. Do 25 de xuño ao 8 de xullo, a Mostra de Cangas ofrece unha ampla e variada programación distribuída entre o auditorio municipal Xosé Manuel Pazos Varela e diversos espazos habilitados da vila do Morrazo. En total, unha cincuentena de eventos de teatro, danza, coloquios, presentacións e exposiciónsque se desenvolven, en palabras da directora artística da MITCFC, María Armesto, «grazas ao esforzo e á implicación de moita xente».
No programa deste ano destacanas estreas de varios espectáculos galegos: Entrega en man, de Contraproducións; Hoxe si, da compañía Sempre Arriba; Menu-do Día, do Colectivo #ChamizoBelloVila; ouA mesa, da Escola de Teatro de Cangas. Tamén hai espectáculos salientables a nivel estatal e internacional: Los días ajenos, do madrileño Bob Pop; ¿Qué es el agua?, da compañía catalá La Soledad, In petto, dos pallasosbelgas Okidok; ou a versión que a compañía andaluza Atalaya fixo dunha das obras máis sobranceiras do célebre dramaturgo Molière: O avaro.
Esta edición tan especial da Mostra de Teatro de Cangas abre co pregón do actor morracense Lois Soaxe. Entre as numerosas actividades, volve ter lugar o Torneo de Dramaturxia de Galicia, que enfronta catro dramaturgas nun combate cómico e textual presentado pola rianxeira Esther F. Carrodeguas. Tamén hai espazo nesta MITCFC para os recoñecementos, tanto para a compañía galega de monicreques Tanxarina (Premio Xiria ao Labor Teatral), como para a escritora romanesa Amelia Tinganus (Premio Mulleres en Acción). En definitiva, quince días de teatro e risos do outro lado da ría nunha MITCF de Cangas coa que Armesto espera «non entrar na crise dos corenta».
Datas: 25 de xuño ao 8 de xullo
Abonos e entradas: mostrateatrocangas.gal
Ernesto Is
Últimos posts de Ernesto Is (ver todos)
- ‘Metodoloxías carroñeras para corpos invertidos’, de VACAburra - 31 Maio, 2024
- ‘Soñar al borde del precipicio’, de Anómico Teatro - 20 Maio, 2024
- ‘Helen Keller, a muller marabilla?’, de Chévere - 5 Marzo, 2024
- ‘O raro é que bailar sexa raro’, de VACAburra - 12 Decembro, 2023
- ‘Deadpan Karaoke’, de Ibuprofeno Teatro - 6 Novembro, 2023