VIALIA
CAMELIAS NADAL

Así conmemora Vigo o 25N: manifestación, charlas e actividades culturais.

Baixo o lema “Libres e feministas contra as violencias machistas” o Concello de Vigo organiza charlas e actividades culturais para conmemorar o 25N, Día internacional da violencia contra as mulleres. O programa comeza o martes 22 de novembro e remata o vindeiro 2 de decembro.

A concellería de igualdade de Vigo anuncia un programa de dúas semanas con actividades culturais, lúdicas, reivindicaivas e informativas que teñen por obxectivo sensibilizar á cidadanía contra a violencia machista. O programa municipal desenvolverase desde o próximo martes 22 de novembro ata o 2 de decembro e todas as actividades son gratuítas.

O actos centrais terán lugar o venres 25 de novembro, Día internacional contra as violencias machistas, co “Enlaza Vigo 2022 contra a violencia de xénero”, unha feira educativa dirixida ao alumnado de secundaria, bacharelato e ciclos de FP no Auditorio Mar de Vigo e ás 20:00h coa manifestación convocada por Feminismo Unitario de Vigo, que sairá desde o cruce de Urzáiz con Vía Norte.

Igualdade Vigo tamén organiza as xornada formativas 25N o 30 de novembro e 1 de decembro con relatorios presenciais, entre as 17 a 20:30 horas, no Auditorio Municipal, con inscrición previa no correo ofi.muller@vigo.org e o teléfono 986 810 284. As charlas e mesas redondas correrán a cargo de recoñecidas voces do feminismo, como a xornalista Ana Isabel Bernal Triviño, a activista abolicionista Amelia Tinganus e a socióloga e escritora Rosa Cobo Bedia, ademais de profesionais do ámbito legal, sanitario e educativo. Podes atopar o programa ao final deste artigo.

O programa contará con tres proxeccións: o documental Voar, de Berta Gaztelumendi, Custodia compartida, de Xavier Legrand e as curtamtraxes Miente, de Isabel Ocampo e 16 de decembro, de Álvaro Gago. As sesións de cine irán acompañadas de coloquios cos creadores e organizadoras.

Tamén se poderá desfrutar da obra de teatro Comando Igualdade, da compañía Matrioshkae o peche de actividades será o vindeiro venres 2 de decembro, co concerto de A banda da Loba. Ambas actividades serán no Auditorio Municipal, con entrada libre ata completar o aforo.

PROGRAMA COMPLETO

MARTES 22 NOVEMBRO – 20:00 H – Proxección do filme documental “Volar”
De Bertha Gaztelumendi, 2017. 71 minutos. Coloquio posterior 
• Salón de actos do museo MARCO. Entrada libre ata completar a capacidade do local.

MÉRCORES 23 NOVEMBRO – 20:00 H – Representación da obra de teatro “Comando Comadres” 
Intérpretes: Chelo do Rejo, María Ángeles Iglesias e Anabell Gago. Dirección: Gena Baamonde. Compañía: Matrioshka Teatro. 
• Auditorio Municipal. Praza do Rei s/n. Entrada libre ata completar a capacidade do local. 

XOVES 24 NOVEMBRO – 20:00 H – Proxección do filme “Custodia compartida”
De Xavier Legrand. 2017. 93 minutos. Coloquio posterior.
• Auditorio Municipal. Entrada libre ata completar a capacidade do local. 

VENRES 25N – 10:30 A 12:30 H – Enlaza Vigo 2022 contra a violencia de xénero.
Feira educativa dirixida ao alumnado de secundaria, BAC e ciclos de FP.
• Auditorio Mar de Vigo. Entrada con invitación previa. 

VENRES 25N – 20:00 H – Manifestación 25N.
Convoca Feminismo Unitario de Vigo. 
Saída: cruzamento das rúas de Vía Norte con Urzáiz. 

MARTES 29 NOVEMBRO – 20:00 H – Proxección de “Miente” + “16 de decembro” con coloquio
Proxección das curtas con coloquio posterior coa directora e director: “Miente” de Isabel De Ocampo. 2008. 15 minutos, e “16 de decembro” de Álvaro Gago. 2019. 14 minutos. 
• Salón de actos do museo MARCO.Entrada libre ata completar a capacidade do local. 

MÉRCORES 30 NOVEMBRO E XOVES 1 DECEMBRO – 17:00 A 20:30 H – XORNADAS FORMATIVAS 25N “LIBRES E FEMINISTAS CONTRA AS VIOLENCIAS MACHISTAS” 

Relatorio “Lei orgánica 10/2022 de garantía integral da liberdade sexual” Natalia Tejera Beamund 

Mesa redonda “Programas municipais de prevención e atención da violencia de xénero dirixidos á infancia e á mocidade” Mar Soto García e Celia Cameselle Taboada 

Relatorio “Violencias machistas e os bulos nos medios de comunicación” Ana Isabel Bernal Triviño 

Relatorio “Detección da violencia de xénero na atención primaria de saúde❞ Rosana Izquierdo Fernández 

CAMELIAS NADAL

Mesa redonda “Por qué son necesarias políticas abolicionistas da prostitución? A ética feminista fronte á cultura da violación” Rosa Cobo Bedia e Amelia Tiganus 

• Auditorio Municipal. Xornadas presenciais. Inscrición previa.

VENRES 2 DECEMBRO – 20:00 H – Actuación musical A banda da loba
• Auditorio Municipal. Entrada libre ata completar a capacidade do local. 

The following two tabs change content below.

Paula Cermeño

Paula Cermeño é licenciada en xornalismo pola USC, pero a súa principal ocupación é viaxar. Mentres aforra para dar a volta ao mundo, traballa como redactora e xestora cultural. Gústanlle os libros, o audiovisual, o teatro e o rock and roll, por iso é doado avistala en moitos dos saraos vigueses.