O 11 de marzo celebrarase unha nova carreira pola igualdade
Con motivo da celebración do día da muller traballadora, o domingo 11 de marzo celebrarase no centro da cidade a carreira pola igualdade Vigual. Un percorrido de 4 kilómetros que xuntará a atletas, homes e mulleres, que correrán baixo o lema ‘Vigo móvese pola igualdade’.
O Concello de Vigo vén de anunciar unha nova cita deportiva. A Vigual, Vigo móvese pola igualdade súmase ao calendario de carreiras populares da cidade. Esta iniciativa, que Abel Caballero presentou en compaña de deportistas de varios clubs como o Sárdoma, FPR O Olivo, Xuvenil de Teis, Maniotas e atletas como Ester Navarrete, ten por obxectivo mobilizar a cidade enteira para reivindicar a igualdade entre homes e mulleres. A cita terá lugar o domingo 11 de febreiro, tres días despois da celebración do día da Muller Traballadora.
O percorrido de 4 kilómetros está pensado para que poida participar todo o mundo, ben sexa correndo, camiñando ou a paso lixeiro. A saída e chegada será na Porta do Sol, e pasará por Policarpo Sanz, García Barbón, Rosalía de Castro, Serafín Avendaño, Areal, Colón, Marqués de Valladares, Fermín Penzol, Praza da Constitución, Elduayen e Ferrería ata alcanzar de novo a Porta do Sol.
A inscrición é de balde a través de Championchipnorte. Durante o evento haberá actividades paralelas de hip hop, danza, baile deportivo, zumba…