CAMELIAS MASCOTAS

Dez plans para esta fin de semana en Vigo

Decálogo de plans en Vigo, entre o venres 23 e o domingo 25, para todos os gustos: feiras do libro e o vinilo, mapa coas cacharelas e sardiñadas de San Xoán, celebración do Día Europeo da Música, The Wild Fest e máis. Se queres coñecer todos os eventos que hai esta fin de semana entra na axenda de A Movida.

Ángel Stanich estará en The Wild Fest este sábado | Pablo Vázquez

Fogueiras e sardiñadas de San Xoan – Venres – De balde

O concello autorizou este ano 22 cachareas en diferentes localizacións da cidade. Neste mapa poden consultarse todas as fogueiras e sardiñadas confirmadas ata o momento, xa que poden sumarse algunhas máis a última hora.

Feira do libro – Do venres 23 ao mércores 28 no Calvario

A Feira do Libro de Vigo este ano celébrase na peonil do Calvario entre o 23 e o 29 de xuño. Haberá un 10% de desconto en todos os libros. O horario é de 11 a 14 e de 17 a 21h. Podes ver todo o programa de presentacións, sinaturas e eventos aquí.

The Wild Fest – Venres, sábado e domingo no Parque Forestal de San Miguel de Oia – Venres e domingo de balde, sábado con entrada 18€.

Ángel Stanich, Sés, Biznaga e Supernatural actuarán o sábado, mentres que Zeltia Irevire subirase ao escenario para poñer música ao vermú do domingo. A quinta edición de The Wild Fest é unha das propostas máis singulares do verán, pois combina un potente cartel musical con actividades únicas como proxeccións de cine medioambiental, carreira canina e ximcana de orientación.

Festival e feira do vinilo – Venres e sábado durante todo o día no Centro Comercial Camelias – De balde

eira de vinilos, discos e cassetes xunto con varias actuacións musicais. Desde o centro comercial queren darlle ao evento un ton nostálxico, retro e divertido dirixido a todas as idades. O sábado 25 ás 12:30 haberá a presentación do libro ‘Son da Cidade’, escrito por Pablo Vázquez Varela e ilustrado por Denis Carballás.

Blackstereo – Venres ás 20:30h en Vialia – De balde

a banda de versións viguesa composta por cinco coñecidos músicos actuará a noite de San Xoán presentando as súas propias interpretacións de artistas como Otis Redding, James Brown, Little Richard ou Stevie Wonder.

Silvia Pérez Cruz – Sábado ás 21h no Auditorio Mar de Vigo – Desde 25€

Unha das mellores voces da escena actual española presenta o seu sétimo disco, oda la vida, un día, no que repasa todas as etapas da vida. A catalana estará acompañada dunha formación de grandes músicos que a arrouparán sobre o escenario. Quedan poucas entradas!

Vibra Mahou:  Jenny and The Mexicats – Sábado ás 23h na Sala Reverb – 10€

A banda Jenny and The Mexicats chegan á sala Reverb de Vigo da man de “Directos Vibra Mahou” para facer vibrar ao público coa súa Fiesta Ancestral, o último disco da banda. Banda con membro de Inglaterra, México e España que combina  ritmos de jazz, rockabilly, folk, flamenco e reggae combinados con cálidas sonoridades latinas.

Diboa -Domingo ás 13h – Deilán Praia

Sesión vermú no chiringuito cultural de Vilaboa. Diboa é un grupo formado por músicos latinoamericanos e europeos que interpretan clásicos da música popular brasileira con  estilo e personalidade propia.

A Clásica: Día Europeo da música – Domingo ás 13:30h – Igrexa da Colexiata

REVISTA NOVEMBRO

A Clásica pecha a temporada Escoitas e inaugura os concertos de verán coincidindo co Día Europeo da Música, que se conmemora o 21 de xuño. o concerto propón dúas escoitas: o clasicismo de Mozart en Salzburgo e o nacionalismo de Grieg.

Samuel Levi y Los Niños Perdidos – Domingo ás 19h no Auditorio do Concello – Desde 4€

Concerto do músico vigués Samuel Leví acompañado da banda Los Niños Perdidos