VIALIA
PLAYDOC

Mapa con todas as fogueiras e sardiñadas de San Xoán

Este venres ao serán celébrase San Xoán, a noite máis curta do ano. Como é tradición, en moitos puntos da cidade acenderanse fogueiras e o cheiro a sardiñas inundará o ambiente. Deixámosvos cun mapa con todas as fogueiras e sardiñadas confirmadas ata o momento, xa que poden sumarse algunhas máis a última hora.

PREME AQUÍ PARA DESCARGAR O MAPA EN ALTA CALIDADE

A maiores das tradicionais fogueiras e sardiñadas, algunhas asociacións propoñen outras actividades culturais a maiores.

AV CASCO VELLO (BERBÉS)

A fogueira máis popular e antiga da cidade terá tamén gaiteiros, contacontos, clases de danza e ata un akelarre. Lembremos tamén que a carreira de San Xoán, que sae da praza do Rei, remata na praza do Berbés para celebrar cunhas sardiñas os quilómetros de esforzo.

AS DA INDUSTRIA (PARQUE GARCÍA PICHER)

Pola tarde teñen preparada unha saída na procura das herbas de San Xoán e, apartir das 20:00, obradoiros, concertos e espectáculos circenses.

WILDLIFE TECHNO (PRAIA DA FONTE)

Na praia da Fonte haberá unha noite de música electrónica ata ben entrada a madrugada.

BEADE

REVISTA MAIO

Na parroquia de Beade temos dúas opcións: a fogueira organizada pola Asociación Amigos do Seixo e a sardiñada que se celebra preto da igrexa, organizada pola Irmandade de Santa Ana.

A NOSA TERRA (ALCABRE)

En Alcabre tamén teñen unha noite con moita música programada: Pandereteiras Ghandainas, Os fillos da Pile, Jay-Roon & The Smoking Machines, Batucada Bate no Cobre, Fanfarria Takikardia e Pa ti na ma.