The Wild Fest

23xuñ(xuñ 23)17:3025(xuñ 25)19:00The Wild FestFESTIVAIS E FEIRAS | 18,00€17:30 - 19:00 (25)

Detalles do eventos

Do 23 ao 25 de xuño, no Parque Forestal de San Miguel de Oia (Vigo), volve The Wild!

Festival de cultura e desfrute da natureza cos concertos de SÉS, ÁNGEL STANICH, BIZNAGA E ZELTIA IREVIRE.

O festival celébrase no Parque Forestal de San Miguel de Oia os días 23, 24 e 25 de xuño, un espazo natural con merendeiro, bosque autóctono e miradoiros á ría e as Illas Cíes. Ademais da posibilidade de desfrutar de música e cultura na natureza o entorno propicia a realización de actividades como Orientaventura, actividade de orientación por equipos que cada ano enche as súas prazas; e Canicross, carreira na que os participantes van acompañados do seu can.

The Wild Cinema cumpre cinco anos e prepara a súa edición máis ambiciosa. O certame de cinema con foco na natureza naceu en 2019 no seo do festival multidisciplinar vigués The Wild Fest e creceu ata adquirir a súa propia identidade e consolidarse como o único festival de temática medioambiental en Galicia.

Este ano continuará a crecer aumentando o número de filmes proxectados e de ralizadores convidados, creando sesións especialmente pensadas para a rapazada, repartindo tres galardóns e incorporando a posibilidade de desfrutar do certame en versión online.

Máis

Hora

23 (Venres) 17:30 - 25 (Domingo) 19:00

Localización

Parque Forestal de San Miguel de Oia

36390 Oya, Pontevedra