REVISTA ABRIL

Yumi Ito encabeza o cartel do XIV Nigranjazz

O XIV Nigranjazz extende a súa duración a catro días e diversifica as localizacións para evitar aglomeracións. O cartel conxuga lendas nacionais, coma o saxofonista Perico Sabeate, artistas europeos, como a xaponeso-polaca Yumi Ito, e músicos galegos.

Entre o 22 e o 25 de xullo terá lugar a XIV edición do festival jazz do Concello de Nigrán cuxo cartel encabeza Yumi Ito, unha cantante, compositora e produtora xaponesa-polaca que crea unha orixinal mestura de jazz e art-pop. O venres 24, no escenario da Foz, estará acompañada de Wilfried Wilde á guitarra Jakub Dworak ao contrabaixo e Iago Fernández á batería. Ao día seguinte, no mesmo escenario, o pianista vasco David Cid tocará cun trío, nesta ocasión acompañado polo lendario saxofonista valenciano Perico Sambeat, Xurxo Estévez ao contrabaixo e Joan Casares á batería.

REVISTA ABRIL

Ambas formacións son un claro exemplo de músicos novos, e en ambas bandas hai presenza de músicos galegos e internacionais. Este é un dos piares do Nigrajazz, o encontro de músicos galegos, españois, europeos e estadounidenses. Estes últimos non poderán acudir este ano.

O programa complétase coa actuación de Fuzzo, o mércores ás 21:00 na praia de Patos, un experimento de improvisación acumulativa con elementos estilísticos que van máis aló do Jazz. O xoves 23, ás 21:00 en Panxón contarase coa presenza do trío de Sergio de Miguel, un novísimo pianista que está a acaparar xa premios e recoñecementos non soamente na nosa terra senón tamén nos EEUU. Por suposto, as jam sessions terán de novo o seu espazo nas noites do festival, o venres e sábado a partir das 24:00 no Auditorio da Foz do Miñor.

O Nigranjazz coincidirá un ano máis co evento gastronómico Rilla na rúa, unha proposta itinerante que inclúe foodtrucks e un mercadiño vintage. Ademáis, amplia a programación estival do concello veciño, da que xa coñecíamos as sesións DJ da Dunas de Gaifar e os tres días de concertos no Pazo de Cea, nos que estarán, entre outros, Love of Lesbian e León Benavente.