VIALIA
PLAYDOC

Sona Gaifar: Belém Tajes + Akazie + Fon Kid + Yugen Kala

10xul18:00Sona Gaifar: Belém Tajes + Akazie + Fon Kid + Yugen KalaCONCERTOS | De balde18:00(GMT+02:00) Espazo Dunas de Gaifar (Nigrán)

Detalles do eventos

Sona Gaifar é un novo evento sonoro promovido polo Concello de Nigrán con dúas datas: venres 10 de xullo e venres 14 de agosto. A cita é no Espazo Dunas de Gaifar. de18:00 a 23.30
 
A primeira sesión de Sona Gaifar terá como invitados a 4 proxectos de artistas novos. A actuación en vivo vén da man de Belém Tajes, cantante e compositora, teclado e voces do proxecto Vudú e anteriormente en outras formacións, comoLúar na Lubre. A súa proposta parte de letras chegadas da música tradicional galega con harmonías fundamentalmente Soul e R&B, música íntima, elegante para grandes-pequenos momentos.
 
No apartado de DJ, abrirá a sesión a xovencísima viguesa Akazie. Con herdanza musical latina e influenciada polo jazz e o hip hop, mestura un espectro sonoro baseado na electrónica percusiva con influencias da música africana, lusófona ou árabe.
 
Tamén estará Fon Kid, un dos DJ máis respetados e experimentados de Galicia no eido da música disco e de raíz negra (funk, soul…), residente do bar Pénjamo en Patos desde hai xa varios veráns e responsable dos eventos e programa de radio Under the Ball.
 
E pechando a xornada estarán Yugen Kala, xoven dupla de productores e DJ vigueses, quenes con tan só 16 anos veñen de editar un dos discos máis sorprendentes e mellor valorados pola crítica nacional e internacional deste 2020. Ademáis, están nominados coma finalistas na edición deste ano dos Premios Martin Códax da Música -categoría electrónica-.
 
A entrada ao evento é de balde ata completar capacidade. Haberá unha distribución de sillas e mesas para que os asistentes poidan manter a distancia de seguridade, ademais de cumprir cos protocolos de seguridade vixentes.
 

Máis

Hora

(Venres) 18:00(GMT+02:00)

Localización

Espazo Dunas de Gaifar (Nigrán)

Other Events