CAMELIAS MASCOTAS

O XLV Gran Premio Cidade Vigo encherá de ciclistas a cidade

Esta fin de semana celebrarase o XLV Gran Premio Cidade de Vigo, a prestixiosa proba de ciclismo que inundará de bicicletas e velocidade o monte do Castro e todo o centro da cidade. Comezará o sábado 25 ás 16:30 na rúa Areal e continuará o domingo ás 9:30 e 12:00.

Xa son 45 desde a primeira edición deste Gran Premio Cidade de Vigo, cuxas probas recorrerán algunhas das rúas máis importantes da cidade como son a Porta do Sol e Areal. Uns traxectos moi ambiciosos que contarán con case medio centenar de voluntarios máis Policía Local e Protección Civil.

REVISTA NOVEMBRO

O circuito da proba principal será o mesmo que o ano pasado, o cal consistirá nun percorrido chairo entre a estación de Guixar e a rúa Oporto, coa meta en frente do Recotorado. A partir do sábado ás 16:30 comezarán a competir todos e todas as ciclistas nas diferentes categorías, tanto masculino como feminino: promesa, principiante, alevín, infantil, cadete, júnior e élite-sub23, tendo estes últimos dúas probas distintas: fondo e eliminación. Ademais de fondo (20 voltas) e eliminación, tamén haberá unha proba de sprints (15 voltas con sprints cada 3).

O domingo tocaralles aos escaladores, quenes primeiro, ás 9:30, sairán da Porta do Sol rumbo a O Castro, e ás 12:00, desde a Praza do Bicentenario ata a cima do monte, onde a maiores terán que dar unha serie de voltas ao circuito Paseo dos Cedros (15 ou 5, dependedno da categoría).

O obxectivo desta lonxeva proba, unha das máis importantes de Galicia, é a de fomentar entre o público vigués o ciclismo desde a base. Este ano percorrerán as rúas de Vigo deportistas de toda Galicia, Asturias, León e Portugal.