CAMELIAS MASCOTAS

Xa podes reservar ‘Lady Enigma’, o novo cómic de Olga Carmona e David Braña

O último traballo da ilustradora Olga Carmona e do guionista afincado en Vigo David Braña xa se atopa dispoñible para reservar na web de The Rocketman Project ata o 25 de febreiro. O cómic reúne seis capítulos en 152 páxinas a todo cor nun formato de 24 x 17 cm, respectando a orientación orixinal apaisada, en rústica con lapelas.

Unha das primeiras páxinas do cómic

No Londres victoriano os irmáns Sarah e Brian Perkins, unidos polo amor mutuo e pola dor do pasado, combaten escuras ameazas criminais. Sarah posúe habilidades paranormales que a perturbaron desde nena, mentres que Brian é un pragmático inspector de Scotland Yard. Lady Enigma recolle algúns dos episodios máis importantes das súas vidas, publicados orixinalmente en inglés pola revista dixital Aces Weekly, dirixida por David Lloyd, ilustrador de V de Vendetta. Neste volume recompilatorio tedes a oportunidade de ler todas as aventuras dos Perkins en castelán.

Todas as persoas que reserven o seu cómic antes do 25 de febreiro levarán unhas láminas e un marcapáxinas. E se es das 50 primeiras, levarás Lady Enigma dedicado. Se prefires reservalo na túa librería de confianza, dille ao libreiro que se poña en contacto con The Rocketman Project, para que así tamén poder levar os agasallos co teu libro. O prezo da obra será de 16€ con envío estándar incluído. Ademais, poderás descargar a edición dixital de maneira gratuíta se mercas o libro en papel.

REVISTA NOVEMBRO

Sobre os autores:

Olga Carmona Peral
Licenciada en Belas Artes pola Universidade de Granada e posgrao en Ilustración Científica, comezou a publicar cómics en 2004, alternando obras como autora completa con colaboracións con diferentes guionistas. Como ilustradora colaborou con editoriais como Santillana, Edinumen, Edelsa, Vicens Vives, Oxford University Press ou El País Semanal.

David Braña
Guionista de extensa traxectoria, actualmente residente de Vigo. Escribiu cómics curtos en distintas publicacións como Dark Hearts ( Nowevolution), El Arca de las Historietas, Z-Time ( Markosia, UK), Revista Cthulhu (Diábolo), Tomb of Terror (USA), Androide Paranoide e Viaje a Xambala (Grafito) e obras de maior extensión como as dúas entregas de DOS, Evil War e La Curandera (Drakul); Mercury ( Babylon); Los Ocultos, Mil Lobos e Vivar ( Nowevolution); Monte Arruit (Cascaborra); Madeja ( The RocketMan Project). Na actualidade atópase preparando novos proxectos que proximamente verán a luz.